JORGE ROMÁN BRONCE NUN NACIONAL SUB20 CHEO DE ACTUACIÓNS CELESTES

Pablo Nogueira

A localidade malagueña de Antequera acolleu a pasada fin de semana o <<XLIX Campionato de España Sub20 en Pista Cuberta>>. Nesta ocasión puidemos ver a 7 atletas defender as  cores do club.

A actuación destacada de campionato veu da man do cuatrocentista Jorge Román Leirós, quen, con 47.56” faríase coa medalla de bronce Sub20 nunha final á que conseguiría acceder grazas ao rexistro de 49.05 da semifinal.

O velocista Roi Martínez Roque conseguiríase clasificar para a final dos 200m. Nas eliminatorias conseguiría a Q grazas a unha marca de 22.48, mentres que na semifinal serían os mesmos 22.48 quen lle permitiría obter, neste caso a  q.  Na final, o novo pupilo de Alberto Salgado conseguiría a 7º praza grazas a parar o crono en 22.50”.

Pola súa banda, Juan Núñez Asenjo obtería un rexistro de 1:58.08 na semifinal do 800m. Nos 1.500 m o celta presentaría unha dobre participación composta por Mario Rodriguez Costas, quen obtería un rexistro na semifinal de 4:09.30, e por Hugo Garcia Souto quen cunha marca de 4:01.06 conseguiría gañar a súa semifinal clasificándose (Q) para a final. Final onde pararía o crono en 4:09.93, conseguindo unha 4º praza a apenas 20 milésimas da medalla de bronce.

Mateo Rodríguez Díaz, conseguiría para o crono, na final dos 3.000 m, en 8:42.32, clasificándose como 10º mellor Sub20 español deste ano.

O broche final da competición viría da man do vallista Manuel Rodríguez Estévez, quen, no 60 m.v. cruzaría a liña de meta en 8.68 segundos.

Os resultados obtidos neste campionato clasifican ao RC Celta atletismo como o 5º mellor club español sub20 en pista cuberta masculino, empatado co Alcampo  Scorpio e a Real Sociedade.

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES