GALICIA CÉLTICA

Pablo Nogueira. Foto: Agustín Juncal
A tempada de pista cuberta encara a súa recta final, por iso esta pasada fin de semana puidemos gozar dos mellores atletas galegos competir sobre o tartán de Expourense, no «XXXVII Campionato Xunta de Galicia Absoluto» e «Campionato Xunta de Galicia Sub 23 en Pista Cuberta».
Ata o recinto feiral, desprazáronse máis dunha veintena de atletas celestes, convertendo ao Grupo Celta Atletismo, nunha das entidades con máis representación, conseguindo ata 17  metais autonómicos.
O noso laureado velocista Javier García entraría primeiro nos 60m lisos, parando o crono en 6.86, un par de centésimas antes do seu compañeiro, Victor Mosteiro, quen conseguiría a 3ª praza Absoluta e o ouro na categoría Sub23. Sería nos 200m onde Víctor repetiría ésta xesta, converténdose en campión Sub23 e bronce galego Absoluto. Neste pódium estaría acompañado de Roi Martinez prata Sub23.


Nos 400m sería Jorge Román quen se subiría ao pódium, no segundo caixón Absoluto, parando o crono en 48.92. Nos 1.500m puidemos ver tamén como Elena Costas Martin colgábase o bronce Absoluto (e ouro Sub23) grazas a unha carreira de 4:45.33. Tamén nos 800m o azul celeste subiría ao podium, neste caso, da man de Alberto Pérez ouro Sub23 con 1:57.88.
O protagonismo celeste continuou con presenza céltica no pódium da pértega, presenza que viría da man, na categoría feminina, de Lisa Vosberg (ouro Absoluto con 3.53), e na masculina, do combinero Adolfo Sainz-Maza, cun salto de 4.50, que lle daría a prata Absoluta. No outro salto vertical celebrado, sería a prata da xoven Carlota Salgado, con 1.60, quen poñería a cor celeste no pódium autonómico.
O pódium de salto de lonxitude masculino se tiñería prácticamente de celeste grazas aos 7.14m de Raúl Cortizo (ouro Absoluto e  Sub23) e os 7.05 de Sergio Coello (prata Absoluta e  Sub23).
Como guinda final, veriamos ao noso Miguel Ángel Granado (e), quedar segundo na clasificación do lanzamento de peso absoluto grazas aos 14.55 que conseguiu desprazar os 7.260kg. Na mesma proba, pero en categoría feminina, sería Raquel Villa quen se proclamaría raíña de pista cuberta en Galicia grazas os seus 13.36. Raquel subiría ao pódium acompañada da tamén atleta céltica Alicia Merino, quen se colgaría o bronce grazas a un primeiro lanzamento de 11.28.

PATROCINADORES
SÍGUENOS EN NUESTRAS REDES OFICIALES