· Pablo Nogueira. Fotos: J.A. Ramilo – A. Juncal.
Como ven sendo habitual nestas datas, a pasada fin de semana puidemos gozar de diversos campionatos, tanto nacionais coma autonómicos.
A nosa atleta Valeria Gómez desprazouse ata a localidade catalana de Lleida onde se disputou o «Campionato de España Sub16». A nosa canteirana acadou unha 4° praza na final dos 300m grazas a unha excelente actuación nas semifinais onde mellorou a súa mellor marca, cun rexistro de 41.35s.
Mentres tanto, en Balaidos, puidemos ver competir o mellor do atletismo autonómico no «Campionato Galego Absoluto» celebrado o pasado domingo 18 de Xullo.
Máis dunha vintena de atletas céltic@s defenderon as cores do noso club sobre o tartán vigués, onde brillaron figuras como a de Andrea Pais, bronce nos 100m e 200m cuns rexistros de 12.15s e 24.85s respectivamente.
Tamén nos 100m o noso Sub18, Martín Barcia faría gala do seu estado de forma cun segundo posto e unha marca 10.96s, un rexistro mais que destacable, que fai soñar cun novo récord o próximo fin de semana, no seu Campionato de España.
Nos 200m o podium tería o azul celeste como protagonista grazas a un segundo e terceiro posto por parte de Pedro Juncal e Jorge Román con 21.42s e 21.93s respectivamente. Na volta completa á pista, os mesmos atletas acadarían o mesmo resultado cuns rexistros de 47.74s e 49.33s respectivamente.
Pola súa banda Hugo García chegou segundo nos 3000m obstáculos parando o crono nos 9:41.03 e terceiro nos 1500m cun tempo de 4:05.34.
Nos 5000m marcha Mar Chillón chegaría segunda a meta cun rexistro de 24:45.76.
Nos concursos, en concreto no triplo salto, o santiagués Pablo Saá proclamaríase subcampión grazas a un salto de 14m mentres que o venezolano Miguel Angel Granado acadaría o primeiro posto no lanzamento de peso grazas a un lanzamento de 14.47m. O seu compañeiro de adestramentos, Yago Araújo acadaría un segundo posto no lanzamento de martelo grazas a un rexistro de 60.96m. Na altura, Carlota Salgado acadaría o segundo posto cun salto de 155cm. E de novo no lanzamento de peso, esta vez no femenino, o podium pintaríase de azul celeste grazas o o primeiro posto de Raquel Villa (12.14m) e o terceiro de Paula Pinón, con 10.30m.
De forma parecida, no podium da xavelina puidemos ver a María Pena segunda (42.09m) e Paula Piñón terceira con 41.75m.
O colofón vendría da man dos dous equipos de relevos. Os dous conxuntos célticos masculinos proclamaríanse campións galegos. No 4x100m Miguel Gómez, Roi Martínez, Chinweike David e Martín Barcia pararían o crono nos 43.06s mentres que Iago Núñez, Jorge Román, Chinweike David e Pedro Juncal farían o propio no 4x400m parando facendo un tempo de 3:20.70.
¡Parabéns a tod@s!