A Escola Celta Atletismo volve a organizar este verán o «CAMPUS DE VERÁN CELTA«, unha vez que o Covid-19 quere deixarnos pouco a pouco. Unha actividad lúdica, na que os vosos fillos e fillas gozarán do atletismo e outras actividades, o mesmo tempo que ofrecemos un servicio de calidade ás familias no inicio das vacacións estivais. O «CAMPUS DE VERÁN CELTA» terá lugar durante as dúas primeiras semanas de xullo en horario de mañán. A continuación, indicamos os aspectos máis importantes da actividade:
> Datas: do 1 o 15 de xullo.
> Horario: de 9:45 a 13:15 horas.
> Idades: de 6 a 12 anos.
> Tarifas: 70€ (unha semana) / 130€ (dúas semanas). 10% de desconto no segundo irmán e 10% desconto para atletas do Clube.
> Pago e inscripción: As inscripcións faranse a través da Plataforma Cluber. Unha vez se faga a reserva de praza, enviarase os pasos a seguir para finalizar a inscripción a través de dita plataforma. O prazo de inscripción finaliza o 2 de xullo ás 13:00 horas. A actividade levarase a cabo a partires dos 10 inscritos.
> Actividades:
- Olimpiadas. Pistas Municipais de Atletismo de Balaidos.
- Exhibicións Atléticas. Pistas Municipais de Atletismo de Balaidos.
- Día do Auga. Piscina do Centro Deportivo «MáisqueAuga» de Navia.
- Pádel. Pistas de pádel do Centro Deportivo «MáisqueAuga» de Navia.
- Escalada. Mapache Climbing.
- Senderismo. Montes de Vigo.
- PROGRAMA CAMPUS VERÁN CELTA
¡Inscríbete e ven pasar o verán con nós!