· Foto portada: C.A. Monzón.
A pasada fin de semana, vivimos unha desas xornadas nas que a ilusión, a emoción e porqué non dicilo, unha boa ración de nervios foron as protagonistas na derradeira xornada da Liga Nacional de Clubes 2021. Un ano máis, tanto o equipo masculino coma o feminino, reafirman a súa condición como equipos da Primeira División na Liga Nacional, despois de tres xornadas de infarto nos que os homes pelexaron polo ascenso e as mulleres por non descender á Segunda División.
O Real Club Celta de Atletismo, rematou na quinta posición na final da Liga Joma de Clubes 2021 disputada en La Nucía (Alicante), nunhas espectaculares instalacións e cunha climatoloxía levantina fantástica. Unha xornada, onde os nosos rapaces estiveron a piques entrar nos postos do podium que lle darían opcións para o ascenso a División de Honra. Botouse de menos a participación de Javier García «Chichu», baixa de última hora polo Coviv-19, e que seguramente daría moitas máis opcións de ascenso o equipo. Ainda así, os nosos competiron o máximo nivel, acadando 4 victorias parciais, Pedro Juncal nos 400m (47.42s, MMP); Yago Araújo no lanzamento de martelo (57.85m); Miguel A. Granado (47.07m) e Jonathan Correa no lanzamento de xavelina (58.78m). Estar un ano máis na disputa polo ascenso é o máis positivo, quizáis ainda non toque ser equipo da División de Honra, e nosa obligación seguir traballando para que nun futuro próximo o noso equipo masculino poida dicir que é un Club da máxima categoría.
O Club Atletismo Feminino Celta, pola súa banda tivo a dura papeleta de defender a súa plaza na Primeira División da Liga Iberdrola de Clubes 2021 en Monzón (Huesca). E certo, que despois da segunda xornada, a permanencia parecía asequible, pero nun encontro final de infarto e de moita calidade as nosas pasaron moitos nervios, sobretodo na primeira metade da competición. Houbo dúas victorias parciais, Uxía Paz no triplo salto (12.22m, MMP) e Mar Chillón nos 5km marcha (26´01.60s), ainda que as nosas competiron a un moi ben nivel a calidade do encontro fixo que as victorias fosen moi caras. Na primeira metade da competición, as nosas sempre estiveron entre o 6º e 7º posto da clasificación da xornada. Sen embargo, na recta final, as nosas conseguiron varios segundos postos que lles auparon ata o 4º posto da clasificación o que suporía asegurar a permanencia. Para elas, foi unha Liga moi difícil, complicada e con moitas incertezas. Gracias o seu compromiso e competitividade e axuda brindada polos nosos Clubes Asociados, acadaron o obxetivo máis importante a nivel de Clubes. Parabéns.
Pola súa banda, a Escola Celta Atletismo, clasificou a tres equipos para o «Campionato Xunta de Galicia de Clubes Sub10 – Sub12» (Ribeira). As nenas Sub10, nunha fantástica competición proclamáronse Campionas Galegas mentres que os homes foron oitavos. Na categoría Sub12, se presentou equipo en categoría feminina, rematando nunha 5ª posición moi satisfactoria. O obxetivo a medio prazo da nosa Escola, será presentar equipos en tódalas categorías nas competicións de clubes, para iso están traballando.
Como e costume, o mes de xuño, é un carrusel de competicións. Ainda saboreando os resultados da Liga, os nosos e as nosas xa están inmersos no «XXXVI Campionato de España Sub23» (Nerja), «Campionato de España Máster» (Málaga), «Campionato Xunta de Galicia Sub20 – Probas Combinadas Sub20» (Pontevedra) e «XIV Campionato de Galicia de Sub10 – Sub12» (Noia). Moita sorte a tod@s.