O C.A. FEMININO AFRONTARÁ UNHA DECISIVA SEGUNDA XORNADA DE LIGA NA CASA

· Uxía Paz. 

O C.A. Feminino Celta afronta a segunda xornada da Liga  Nacional de Clubs coa necesidade de mellorar as súas prestacións. Co cuarto posto acadado na primeira xornada disputada en Vallehermoso (Madrid), necesitan un segundo posto que lles de un pouco más de tranquilidade ante unha previsible xornada final pola permanencia.

A preparación desa segunda xornada xa está en marcha. A falta de confirmación oficial, esta será en Vigo e na matinal do domingo 16 de maio, polo que as nosas xogarán en casa. Un factor moi importante e que nesta ocasión volverá ser decisivo neste formato de competición. Tenerife Caja Canarias, S.G.Pontevedra e Bidezábal Durango serán as rivais nun encontro moi difícil onde as nosas terán que dar o mellor de sí.

Recordamos agora como foi a actuación das nosas na primeira xornada disputada a semana pasada en Madrid e, como diciamos, clasificándose na cuarta posición por detrás do Atletismo Alcorcón, A.D. Sprint e Bahía de Algeciras.

Foi unha xornada difícil e ventosa onde as célticas loitaron ata a derradeira proba. Houbo dous primeiros postos, Ainhoa Reparaz nos 200m con 24.88s e María Pena na xavelina cun lanzamento de 42.46m.

Cinco segundas posicións de Andrea Pais nos 200m; Carlota Salgado no salto de altura con 1.60m; María Carballido nos 800m, quen dobraría proba máis tarde participando nos 3000m. Nos lanzamentos, Patricia Correa e Paula Piñón tamén farían un segundo lugar no martelo e na xavelina respectivamente. Paula pasaría da barreira dos 41m neste concurso e dobraría no disco onde remataría na 3ª posición.

Xunto a Paula Piñón, seis das nosas rematarían tamén no terceiro lugar, a velocista Andrea Pais nos 100m; Alicia Merino nos 100mv con 14.93s; Mar Chillón nos 5km marcha; Raquel Villa no lanzamento de peso e Uxía Paz que remataría cun dobrete nos saltos horizontais sendo 3ª na lonxitude e no triplo onde faría unha MMP de 11.82m.

No caso dos homes, gracias a súa fantástica actuación na primeira xornada de Liga, afrontan unha segunda xornada co obxetivo de confirmar a súa plaza na final de ascenso e, se cabe, situarse entre os dous mellores equipos da Primeira División. Valladolid será a sede na segunda xornada e C.A. Safor Teika, Hinaco Monzón e C.A. Valladolid serán os rivais.

Antes de viaxar a Valladolid, repasamos como foi a primeira xornada nas Pistas de Atletismo de Salamanca, onde os célticos lideraron o encontro en todo momento e superando o Universidad de Oviedo, Atlético Salamanca e C.A. San Sebastián. Nove foron os primeiros postos, Yago Araújo no lanzamento de martelo; Jonathan Correa na xavelina con 55.24m; Javier García “Chichu” nos 100m e nos 200m; Pedro Juncal nos 400m, Pedro Vázquez nos 1500m, Gonzalo Basconcelo nos 3000m obstáculos, Miguel Cajaraville no salto con pértega e no 4x100m formado por Roi Martínez, Martín Barcia, Érik Fernández e Víctor Mosteiro, facía moitos anos que un 4x100m céltico non gañaba na Liga.

Houbo seis segundos postos, Iago Núñez nos 400mv cun tempo de 55.60s; Pablo Saá no triplo; Miguel Ángel Granado no lanzamento de peso con 44.94m; Éric Méndez no martelo; José Fernández Nieves nos 5km marcha e no relevo 4x400m composto por Ricardo Cortizo (S.A. Val Miñor), Jorge Román, Manuel Martínez e Pedro Juncal. Ademais, cinco foron as terceiras posicións, Víctor Mosteiro nos 100m con 10.99s;  Iago Núñez nos 110mv, Bilal Dahmouni nos 3000m obst., Adolfo Sáinz-Maza na pértega con 4.20m e Brais Suárez (Run Galicia) na marcha.

Veñen semanas de moito traballo rapaces, moito ánimo.