«MANOLO» RODRÍGUEZ E NOEL VEGA EXEMPLOS PARA A NOSA ESCOLA

· Uxía Paz. Foto: FGA.

«VI Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster Xunta de Galicia». Pontevedra

Os nosos veteráns desprazáronse ata a capital pontevedresa para competir no Galego de Péntatlon de Lanzamentos Máster. Noel Vega, foi da partida na categoría M40 e saír con 2523 puntos e cuns rexistros de 13.03m no lanzamento de peso, 39.05m no disco (2kg), 28.03m no martelo (7,260kg), 38.39m na xavelina e 4.89m no martelo pesado (15,88kg), subindo así ao primeiro caixón do podio e levándose o metal dourado no pescozo. Manuel Rodríguez volveu competir despois dun ano complicado e rematando con 2665 puntos, mellorando a puntuación do ano anterior e aproximándose a súa MMP. «Manolo» volvía a casa coa medalla de ouro na categoría M70, tras facer 31.73m no lanzamento de martelo (4kg), 8.89m no peso (4kg), 29.03m no disco (1kg), 16.69m na xavelina (500g) e 11.16m no lanzamento de martelo pesado (7.260kg).

«Campionato de Galicia de 500m – 1000m – 2000m. Sub10 – Sub12 – Sub14 Xunta de Galicia». Pontevedra

Os nosos pequen@s da Escola seguen mostrando os seus progresos, nesta ocasión nas carreiras de media distancia. Pola banda dos Sub10, nos 500m Alejandro Mansilla remataba 8º na clasificación final con 1:45.43 sendo 1º na Final B, Pedro Campos acababa 9º no total e 2º na mesma serie que Alejandro con 1:45.52 e Xián Posada finalizaría con 1:50.92 sendo 5º na Final C. Na proba dos 1000m, Adrián Vila concluíu na 5ª posición da clasificación final con 4:00.79, mentres Álvaro Paulos finalizaba 8º na Final A cun tempo de 4:13.19 minutos. Nos 500m das nenas, Sira Rodríguez rematou 4ª na clasificación final cun gran rexistro de 1:44.91 quedando a un pé do podio, Inés Muradás acabou 7ª na Final A cun tempo de 1:44.42, Candela López parou o crono nos 2:09 sendo 8ª na Final B e Ángela Neissa cruzaría a línea de meta no 3º posto da final C cunha marca de 1:53.

A representación céltica da categoría Sub12 foi feminina. Olivia Gutiérrez levaría a medalla de prata nos 500m facendo un incrible rexistro de 1:26.52. Na mesma serie, Sara Gesto faría un tempo de 1:37.51 sendo a 7ª da Final A. Tamén Irene Méndez correría os 500m, rematandoos con 1:38.59 cruzando a línea de meta na 3ª posición da Final C. Na proba dos 1000m, Iria López remataría cun rexistro de 3:44.62 sendo 10º na clasificación final.

Na categoría superior, Breogán López competiría nos 500m nos cales finalizou 2º na clasificación final cun magnífico tempo de 1:19.22, subindo así ao segundo caixón do podio da categoría e rematando nese último sprint cunha bonita loita céltica pola prata xunto a Martiño Salgado, quen recollería o bronce cun bo rexistro de 1:19.13. Ademáis, Lucas Pérez finalizaba con 1:24.95 sendo 3º na Final B. Mario Campos rematou 4º con 1:26.84, mentres Hugo Rodríguez cruzaba a liña en 1:32.11 rematando 6º na mesma serie que Mario e Lucas. E xa para rematar, Alejandro Vázquez correría na Final C parando o crono en 1:32.59 e quedando no 5º posto.

Nesta xornada @s nos@s pequen@s puideron convivir con dous dos nosos veteráns máis queridos, Noel e mais «Manolo». Sen dúbida que foi unha xornada de moitas aprendizaxes e onde os nosos veteráns foron unha vez máis un exemplo de ilusión, paixón e afouteza para @s nos@s canteiráns.