· Uxía Paz. Fotos: FFA.
«XXXVI Campionato de Europa en Pista Cuberta». Torun (Polonia)
A protagonista desta fin de semana foi, sen lugar a dúbidas, a nosa atleta internacional Alice Finot.
Despois dun ano mellorando os seus rexistros nos 3000ml, conseguiu o seu billete para viaxar a Polonia. Nas semifinais, rematou 6ª na primeira serie cun tempo de 8:57.54, logrando así o seu pase para a final co décimo mellor tempo. Xa na final, Alice non se amilanou e saíu ao tartán pisando con forza. Tralo pistoletazo de saída, colocouse nos 5 primeiros buscando a mellor situación de carreira. Na derradeira volta, colocouse xunto as dúas británicas na cabeza de carreira, xa cheiraba o podio. Finalmente, Alice entrou na meta na segunda posición, levándose a prata europea cun tempo de 8:46.54 sendo MMP e novo Récord do Club. Rexistro que xa batera en Lievin fai unhas semanas e que posuía unha tal Estela Estévez Barreiro (8:55.58) dende fai case 30 anos. Ademáis, Finot fai historia no Club, sendo a primeira muller medallista nun europeo de pista cuberta e poñéndose o nivel de D. Javier Álvarez Salgado, primeiro medallista céltico, foi en Viena en 1970 onde se fixo co bronce nos 3000m.
Alice Finot remataba así a súa temporada invernal cunha prata europea, incrible. A súas bágoas no podio, como as do seu adestrador Manuel Martínez e o seu grupo de adestramento, reflexaban a súa paisón e amor polo noso deporte. As súas bágoas foron nosas tamén.
Dende a familia celeste dásmoste a ti e o teu adestrador a noraboa. Agardamos impacientes por ver ata onde chegades, sempre sen límites. ¡Félicitations Alice!
«XLVIII Campionato de España sub20 en Pista Cuberta». Antequera (Málaga)
Tres foron os célticos clasificados para o nacional Sub20 de Antequera. Os primeiros en competir foron Roi Martínez e Jorge Román nos 200m. Tras toda a tempada con molestias e sen poder adestrar con continuidade, Roi foi quen de correr en 22.83s rematando no 11º posto na clasificación final. Pola súa banda, Jorge Román, sorprendeu cun gran rexistro de 22.34s, sendo MMP e clasificándose para a final, na que concluíu na 8ª posición.
Miguel Granado sairía á pista máis tarde no lanzamento de peso (6kg), onde finalizaría 9º lanzando 14.49m, sendo a segunda mellor marca da temporada baixo teito.
Parabéns ós tres e os vosos adestradores Alberto Salgado, Francisco Rodríguez e José Manuel Hermida.
«Campionato de Galicia de Medio Fondo e Fondo Sub16 – sub18» – «Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Absoluto». Pontevedra
En primeiro lugar, destacamos a figura de Susana Rodríguez. O sábado debutaba coas nosas cores no tartán pontevedrés e, a pesar de non estar acompañada polo seu guía habitual, Susana faría un tempo de 4:56.99 nos 1500m – T11, Mínima «B» para os Xogos Paralímpicos de Tokio. Chegar e encher.
Por outra banda destacamos a actuación de Pedro Vázquez e Juan Núñez nos 800m Sub18. Os dous chegaron a liña de meta xuntos cun tempo de 1:57.10 e 1:57.38, sendo ouro e prata respectivamente, no bronce chegaba Sergio Souto con 2:02.11, o que ven sendo un triplete dos pupilos de Manuel Martínez.
Nos lanzamentos, detacamos a Yago Araújo que cun un rexistro de 60.88m no martelo (7,260kg) remataría na segunda posición (MMP). No mesmo concurso Jorge Castaño lanzaría 45.13m rematando na 7ª posición.
Catro xavalinistas desprazábanse tamén ata Pontevedra, Paula Piñón quedaría 4ª lanzando 40.63m sendo marca da temporada mentres, María Pena remataba no 5º lugar cun lanzamento de 39.04m. Nos homes, Jonathan Correa proclamouse campión posición cun gran lanzamento de 56.16m, Pablo Nogueira faría 4º con 43.60m.
Moito mérito teñen @s nos@s lanzador@s, nestes tempos de Restriccións Covid-19.
¡Bravo rapaces!