· Uxía Paz. Fotos: J. Ramilo.
Chegan os nacionais e tras suspenderse as competicións autonómicas en Galicia, @s nos@s véronse na obriga de buscar alternativas emigrando a diferentes puntos a nivel nacional. Adaptándose unha vez máis as restriccións e cun tempo que tampouco axuda, foron quen de manterse en forma e viaxar coas esperanzas xa postas nos Campionatos de España baixo teito.
O sábado en Oviedo, comezaban a súa actuación os combineir@s. Carlota Salgado, a máis nova, volvía á
casa tras demostrar unha vez máis a súa valía terminando o pentathlón xuvenil con 3097 puntos sendo esta MMP. Pola sús banda de Adolfo Sáinz-Maza finalizaba sumando no heptathlón 4860 puntos e colocándose así na décima posición no Ránking Nacional Absoluto. Alicia Merino, a pesar do gran estado de forma no que se encontra e que reflexa en cada adestramento, non tivo a súa mellor competición e remataba o pentathlón con 2725 puntos, despois de tres nulos na lonxitude.
Tamén se desplazaron ata Oviedo Pablo Sáa, quen fixo 14,18m no triple salto tras unha boa competición aínda que non foxe totalmente satisfactoria para él. O velocista Johann Sebastian Cediel, que volvía competir, o fixo nos 200ml e 400ml fixando o cronómetro en 24.71s e 53.34s respectivamente. Pedro Vázquez loitou nos 3000ml finalizando en 8:41.34 e Juan Núñez fixo 1:58.69 nos 800m cun tempo que pasaría a ser a súa mellor marca persoal.

Por outra banda, viaxaron ata Gallur dous velocistas que marcaron no tartán unha vez máis o seu esforzo. Roi Martínez remataba con dúas MMP. O seu rexistro nos 60ml baixou ata os 7.08s e dáballe unha boa mordida tamén o seu tempo dos 200ml facendo 22.61s. A súa vez, Erik Fernández facía 23.41s nos 200ml e MMP nos 60ml parando o crono en 7.26s.
Da mesma maneira o velocista Javier García desplazouse ata Santander, onde cruzou a línea de meta en tan só 6.85s na proba dos 60ml, quedándose as portas do Récord Galego Absoluto.
Na representación das lanzadoras, Paula Piñón estreábase nesta tempada achegándose o sábado ata León para competir no lanzamento de xavelina onde alcanzou os 37,94m.
Noraboa e grazas a tod@s polo voso esforzo e responsabilidade.