Pablo Nogueira
As mellores promesas dos lanzamentos (con permiso dos lanzadores de peso) déronse cita a pasada fin de semana no <<VII Campeonato de España de Invierno de Lanzamientos Largos Menores>>. Ata Castelló da Plana desprazáronse un total de 5 célticos.
A mellor actuación celeste asinaríaa Eric Méndez Seijo, quen, con 61.59 m, faríase coa prata no lanzamento de martelo Sub20 (6kg).
A cor céltica tamén estaría representado no pódium de lanzamento de martelo Sub16 mulleres (3kg), grazas ao bronce que asinaría Marta Hermida Pita (44.65 m). Tamén un bronce conseguiría a lucense Paula Piñón Sureda, pero nesta ocasión no lanzamento de Xavelina Sub20, cun mellor rexistro de 41.84m.
Completarían a expedición o lanzador de martelo Xaido Nimo Álvarez, 4º clasificado no lanzamento de martelo Sub16 (52.57 m) e a lanzadora, tamén de martelo, Mar Simón Carreño, 5º clasificada Sub16 grazas ao seu rexistro de 41.88m