Pablo Nogueira González
Como non podería ser doutra maneira, esta fin de semana pasada a pista cuberta da cidade das burgas acolleu o XXXIX Campionato Xunta de Galicia Absoluto en PC (Agás 3.000 m.).
Sobre o tartán de Expourense puidemos ver aos mellores atletas galegos competir en pleno pico de forma da tempada de pista cuberta.
O Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Feminino Celta fixeron gala dun amplo despregamento de atletas, os cales conseguiron un total de 10 medallas.
Nos 1.500m veriamos un despregamento de forza e velocidade por parte da fondista Eva Piñel Lorenzo, quen entraría en primeira posición parando o corno nos 4:34.40. Neste pódium, a guardesa, estaría acompañada de Uxía Pérez Burgarín, bronce con 4:37.27.
Co ouro tamén se faría o noso lanzador de peso, o venezolano Miguel Ángel Granado Gil quen conquistaría a primeira praza cun lanzamento de 15.21m, do mesmo xeito que a céltica Raquel Villa Carracelas faría o seu na proba feminina con 12.37m.
Mesma praza ocuparía o céltico de orixe lucense Adolfo Sainz-maza Villar gañando o salto de altura con 1.90m. O combinero tamén levaría a medalla de bronce no salto de pértega grazas aos 4.30 metros superados.
O mediofondista Jorge Román Leirós tamén realizaría un dobrete, prata nos 200 m (21.85), acompañado no pódium por Ricardo Cortizo Souto (bronce con 22.06) e prata nos 400m con 48.08
Pola súa banda, Lisa Bosberg Castro faríase coa medalla de bronce na Pértega grazas a superar o listón a 3.10 metros de altura.
Pola súa banda no XIX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Máster en Pista Curta puidemos ver a numerosos atletas másteres do noso club.
Neste campionato debemos destacar a actuación de José Cobián Ledo, Ouro na Pértega M45 e do noso capitán Fernando Paredes Fernández, ouro no lanzamento de peso M45.
Dous claros exemplos que serven de inspiración aos atletas máis novos do club.