100 anos de Paixón, 100 anos de amor polo deporte, 100 anos dunha familia celtes. 100 anos do celta atletismo.
Hoxe, pero fai 100 anos, o noso querido @farodevigo publicaba a tan ansiada noticia. Durante a xunta do @rccelta do 3 de agosto de 1924 o creaba a sección de atletismo.
100 anos nos que o Celta foi protagonista e pioneiro do atletismo a nivel local, autonómico e nacional.
100 anos de nomes propios, olímpicos como Rogelio Rivas, Javier Álvarez (@javieralvarezsalgado) , Carlos Pérez , Ramón Magariños, María Estela Estévez , Juan Carlos Adán, Alejandro Gómez, David Gómez (@david_gomez_oposiciones ), Alice Finot (@alicefinot ) Gustavo Nieves (@gustavonievescampello), Susana Rodríguez (@susirodriguezgacio ) e Antonio Serrat @serratantonio .
Amantes do deporte como os nosos precursofes, Alfonso Posada e Manuel de Castro «Hándicap», entrenadores, atletas, amigos e familiares que son o motivo e forman parte do club.
A primeira noticia, escrita por Manuel de Castro «Hándicap», non só marcou o nacemento do Celta, senón tamén a semente do atletismo na nosa rexión. Foi un chamado a todos os deportistas da época para unirse a esta nova aventura atlética.
Cen anos despois, o xornalista e atleta celeste Víctor Currás (@zumedepinha ) escribe sobre o centenario, unindo a historia coa actualidade e mostrando como o espírito do Celta segue vivo.
O Celta Atletismo foi, é e seguirá sendo unha parte integral da comunidade viguesa, onde os seus integrantes loitaron por crear un espazo onde o deporte, a saúde, a formación, a competición e a vida entrelázanse.
Este aniversario non é só unha conmemoración do noso pasado, senón tamén unha celebración do noso presente e unha mirada esperanzada cara ao futuro.
Grazas por formar parte da historia
FUEGO A TOPE!