10 medallas autonómicas que saen do barro e o tartán.

Estamos metidos de cheo na tempada invernal, unha proba é a consecución de campionatos tanto «indoor» como de campo a través. Esta semana enviamos expedicións celestes polo alto e ancho da xeografía galega, con inmellorables resultados en Lugo, Coruña e Ribadavia.

Comezamos polo Campionato de Galicia Cadete en Pista Cuberta en Coruña, onde os nosos atletas máis destacados foron, David García que foi bronce en peso cun lanzamento de 11.14m e Lara Fernández que venceu no salto con pértiga, franqueando o listón en 2.72m e sendo 3ª en altura con 1.42m. Conxuntamente tivo lugar o Campeonato de Galicia Xuvenil de 1500m e 3000m, onde Ruth Carrera obtivo o bronce nos 1500m, parando o crono en 5’01″11 o que lle da un billete para o nacional da súa categoría.
Lara Caamaño dobre medallista no Galego Cadete.
Xa en terras lucenses, no Campionato de Galicia de Probas Combinadas, tivemos a oportunidade de volver ver os nosos entre os millores combineros da comunidade. Unha vez máis Eva Queimaño foi unha das protagonistas da xornada, sendo Campiona Xuvenil facendo un total de 3371 puntos, o que a coloca en segunda posición no Ranking Nacional, tamén destacaron Adolfo Sáinz-Maza que foi segundo Promesa con 4500 puntos e facendo tamén mínima nacional da súa categoría, Itsaso Fernández que foi oro Promesa e Olaya Abril prata na mesma categoría.
O domingo volvimos a A Coruña cos «peques» da nosa Escola de Atletismo Celta, para participar na Fase Final da V Liga Escolar ABANCA, onde o noso equipo Infantil Masculino acadou un fantástico segundo posto moi preto dos vencedores.
Os infantís homes Subcampións Galegos en Pista Cuberta.
Xa para rematar, queremos destacar o XCII Campionato de Galicia de Campo a Través en Ribadavia, no que Celia Pérez foi bronce Promesa, o que a clasifica para o nacional de cross por seleccións autonómicas.
Así rematamos un gran fin de semana, cun total de 10 preseas e varios billetes para os nacionais.
Celia Pérez terceira Promesa no Galego de Campo a Través.