Pablo Nogueira
A pasada fin de semana veu cargado de triunfos e alegrías para os atletas celestes. Ata a localidade Ourensá de Ribadabia desprazáronse os integrantes da sección de fondo do club, os cales disputaron o «LXXXVI Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual Sub23 – Sub20″. Na categoría reina, a absoluta, o noso atleta internacional, Antonio Serrat faría gala da súa poderío completando o circuíto de 9km en tan só 28:18. Pola mesma xesta loitaría Hugo García, pero na categoría Sub20, o cal chegaría 2º cun tempo de 16:27, acompañado do seu compañeiro Pedro Vázquez, que cruzaría a meta en 3º Posición un segundo máis tarde. O resto do conxunto Sub20 céltico completaría o circuíto en 5º (Mateo Rodríguez) e 6º (Juan Núñez) posto cuns de rexistros de 17:03 e 17:08 respectivamente. Tamén as mozas Sub23 loitaron na carreira, Elena Costas e Ruth Carrera, conseguindo completar os 9km do circuíto nun tempo de 38:05 e 38:37, o que lle valeron unha terceira e cuarta posición.
O broche final da fin de semana poñeríao o noso queridísimo velocista Javier García Fernández, quen batería en Salamanca, de novo, o Record Galego de 60m baixo teito, parando o crono en 6.78s. Impresionante o estado de forma de «Chuchu».
Sen dúbida este inverno está a asentar unhas bases espectaculares para o que promete ser unha tempada de aire libre de moitas alegrías e triunfos célticos.