• Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • Trofeo Alfonso Posada
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • Trofeo Alfonso Posada
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • Trofeo Alfonso Posada
  • FGA
  • RFEA
Menú
  • Inicio
  • Club
    • Ranking histórico
    • Récords do Clube
    • Atletas históricos
      • Célticos Olímpicos
      • Rogelio Rivas Abal
      • Ramon Magariños Duro
      • Javier Alvarez Salgado
      • Carlos Pérez Alonso
      • David Gómez Martínez
  • ESCOLA CELTA ATLETISMO
  • SOCIOS
  • Fotos
    • Temporada 2020
    • 2019 y anterior
    • Temporada 18/19
  • Contacto
  • Trofeo Alfonso Posada
  • FGA
  • RFEA

A ESCOLA FELIZ DE ESTAR NO SEU GALEGO

· Uxía Paz. 

«XIV Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta». ExpOurense

Participaron 18 atletas da nosa Escola, felices de poder participar no seu campionato galego despois dunha temporada moi difícil para el@s.

O sector de saltos levouse 5 metais. Na categoría Sub10 feminin,  Sira Rodríguez sería bronce no salto de lonxitude cun salto de 2.95m, Iria Portabales quedaríase a só 2 centímetros de Sira facendo 4ª, Ángela Neissa marcaría o seu salto máis longo en 2.52m finalizando así na 8ª posición. Nunha categoría superior, Olivia Gutiérrez competiu na lonxitude facendo un gran salto de 3.67m que a colocaría na 3ª posición na clasificación final. Na mesma posición que Olivia, concluíu Sabela Álvarez no salto de altura, sobrepasando o listón en 1.19m. Aínda que sen dúbida a líder desta proba foi Irene Méndez, quen subiu ao caixón máis alto levando cun rexistro de 1.22m. Na representación masculina dos saltadores Sub14 competiu Martiño Salgado no salto de lonxitude. Martiño remataría cun incrible salto de 4.88m volvendo a súa casa cunha prata no pescozo.

Na velocidade Sub10, competirían nos 50m Ian Padrón, Antón Pazó, Darío Bouzada, Inés Muradas e Indira Rodríguez. Ian faría 9.04s quedando 6º na final C, Antón e Darío concluirían 1º e 3º na final H cuns tempos de 9.03s e 9.22s respectivamente. Inés chegaría a meta na segunda posición da final B con 8.79s e Indira finalizaría 2ª tamén parando o crono en 9.18s.

Na categoría Sub12 Gabriel Sánchez faría 9.43s rematando 4º na final B dos 60ml mentres que Daniela Romero faría 2ª posición na mesma proba na final D con 9.63s. Tamén nos 60m pero nunha categoría superior, Mario Campos remataría terceiro con 8.44s e Breogán López 6º con 8.66s, ambos na final B. Juan Adriel cruzaría a liña de meta 5º con 8.97s na final C e na mesma posición pero con 9.57s acabaría Juanjo Pereira na final G.

«V Control Inverno FGA en PC 2021». ExpOurense

Tres atletas da Escola tamén viaxarían ata a pista cuberta ourensá para formar parte do Control de Inverno FGA. Na representación feminina e demostrando a súa valía Valeria González lideraría os 60m cun incrible rexistro de 8.13s. Nos rapaces, Adrián Mariño e Martín Martínez farían os 60m e 200m. Adrián rematou 3º nos 60m con 7.68s e impoñíase nos 200m cunha marca de 24.67s. Martín, faría 4º nos 60m con 8.04s e un 2º posto nos 200m fixando unha nova MMP de 24.86s.

«Campionato de Galicia de 3000m Sub20 – Sub23  e  Campionato Galego de Medio Fondo – Fondo Máster». Pontevedra

O pasado domingo disputáronse os dous campionatos nas pistas de atletismo do CGTD de Pontevedra. Nos 3000m na categoría Sub20 Hugo Suárez remataba a un chisco do podio cun incrible tempo de 8:56.13 sendo MMP e quedando no 4º posto. Na mesma serie Hugo García faría 9:07 facendo 6º e Pablo Camescasse pararía o crono en 9:21 finalizando na 7ª posición.

Nas mulleres Sub20 Clara Román faría 11:26.95, sendo estes os primeiros 3000m da súa carreira atlética. Elena Costas correría en 10:58.60 os 3000m da categoría Sub23, subindo desta maneira ao segundo caixón do podio para levarse a prata.

Na categoría Máster W45, Cristina Estévez participou nos 400m, sendo campiona galega parando o tempo en 1:07.  Tamén tomou parte nos 800m, fixo un rexistro de 2:39.73 co que acadou o ouro. Outro dobrete para Cris, a nosa incombustible.

Estamos a chegar o epílogo da tempada invernal xa con gañas de preparar o Aire Libre. Esperamos que pouco a pouca a Pandemia e a situación actual vaia mellorando, desexamos un verán máis sinxelo para tod@s.

¡Parabéns rapaces!

PATROCINADORES
toyota-nipocar
TWITTER CELTA ATLETISMO
Handle @CeltaAtletismo
INSTAGRAM @CELTAATLETISMO
FOTOS CELTA ATLETISMO
Campeonato de España Sub23 AL
MAPA GALICIA ATLÉTICA
celta-atletismo-solo-pie-hd

Real Club Celta de Atletismo: rcceltaatletismo@gmail.com
C. Atletismo Femenino Celta: cafcelta@gmail.com

© CELTA ATLETISMO · ATLETISMO FEMENINO CELTA    |    DISEÑO: ESMERA MARKETING DIXITAL
Facebook
Flickr
Instagram
Twitter
Youtube

© CELTA ATLETISMO · ATLETISMO FEMENINO CELTA
DISEÑO: ESMERA MARKETING DIXITAL

Facebook
Flickr
Instagram
Twitter
Youtube