No pasado «Campionato Galego en Pista o Aire Libre» celebrado nas pistas de atletismo do Campus Universitario de Elviña (A Coruña), @s nos@s acadaron uns fantásticos resultados en tódalas categorías. Foron un total de 53 metais que son o reflexo da constacia e perserverancia d@s nos@s atletas e adestradores nestes momentos tan difíciles que estamos a vivir.
· O bó traballo da «Escola Celta Atletismo» vese reflexado nos resultados obtidos na Categoría Sub-18.
Foron un total de 8 medallas de ouro, 6 medallas de prata e 2 de bronce as acadadas pol@s nos@s «pequen@s».
No tocante o Sector de Lanzamentos, victoria para Eric Méndez no lanzamento de martelo cunha marca de 65.38m. Doblete de ouro para Paula Piñón no lanzamento de xavelina con 41.53m e no disco con 38.87m.
Samuel Freiría acadaría a medalla de prata no lanzamento de disco con 38.30m, mentres que no lanzamento de peso, Eric Méndez cun rexistro de 13.75m colgaríase tamén a medalla de prata.
@s nos@s velocistas e saltadores demostraron atoparse en boa forma. Ouro para Erik Fernández nos 200ml cun tempo de 22.80s e para Jorge Román nos 400ml cunha marca de 50.64s. Clara Román colgaríase o bronce nos 400ml parando o crono en 1’06.05. A nosa vallista máis xoven, Lucía Dopico, faría doblete nas vallas cortas e nas largas, con rexistros de 15.96s e 1’15.91 respectivamente. Plata no triple salto para Óscar Sotelo chegando ata os 12.51m.
No Sector de Mediofondo e Fondo, destacar as actuacións de Antía Pazos nos 1500ml que, cun tempo de 5’03.65, colgariase a medalla de bronce. Na mesma distancia, Juan Núñez cun tempo de 4’20.82 lograría a segunda posición colgándose a prata. Victoria e medalla de ouro para Hugo Suárez nos 2000 obstáculos. Medalla de prata e mínima nacional nos 5000ml para Mateo Rodríguez cun tempo de 16’13.12.

· Na categoría Sub – 20, @s céltic@s lograrían 6 medallas de ouro e dúas de prata.
Dobre victoria para a velocista Lara López nos 100ml e 200ml, con 12.90s e 26.63s respectivamente e prata nos 400ml con 1’00.79.
A nosa mediofondista Ruth Carrera, cun tempo de 4’57.75 colgaríase a medalla de prata nos 1500m.
O Sector de Lanzamentos segue logrando grandes resultados; ouros para Patricia Correa no martelo chegando ata os 47.29m, Jonatas Pereira na xavelina cunha marca de 51.75m, para Marcos Bouza no disco cun rexistro de 47.44m e para Yago Araújo no lanzamento de martelo cunha marca de 67.39m.
· @s Sub-23 tamén demostraron estar en moi boa forma, 6 medallas de ouro e 3 de prata.
Andrea Pais, logrou a medalla de ouro nos 100ml cun rexitro de 12.51s e acadaría a segunda posición nos 200ml con 25.62s. Nas vallas, destacar a actuación de Eva Queimaño logrando a victoria nos 100mv e 400mv con 15.14s e 1’06.89 respectivamente.
Pablo Nogueira, no lanzamento de xavelina cunha marca de 42.02m acadaría a segunda posición.
O Sector de Saltos atopase en plena forma, dúas medallas de ouro para Uxía Paz ná lonxitude e no triple salto, chegando ata os 5.46m e 11.51m respectivamente. Victoria para Pablo Saá no salto de lonxitude chegando ata os 6.71m, e medalla de prata no triple salto cun rexistro de 14.01m.

· No galego absoluto, o noso equipo acadaría un total de 20 medallas, 6 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce.
Carlota Salgado, atleta de categoria Sub-16, proclamaríase campiona galega absoluta no salto de altura cun salto de 1.64m. No salto con pértiga, Miguel Cajaraville, cun salto de 4.15m lograría o título, mentres que a nosa grandídisima Bea Viteri cedeu a coroa e foi prata (3.31m). Ademáis de outro ouro para unha Uxía Paz, que está nun gran nivel, no salto lonxitude cun salto de 5.60m. Pratas nós saltos para Eva Queimaño e Pablo Saá, na lonxitude cun salto de 5.58m e no triple salto con 14.01m respectivamente.
Ouros tamén para Eva Queimaño nos 100mv cun rexistro de 15.14s, Gonzalo Basconcelo nos 3000 obstáculos, Jonathan Correa na xavelina con 59.39m.
Andrea Pais cunha marca de 25.62s nos 200ml colgaríase a medalla de prata, nesta misma proba, Pedro Juncal, pararía o crono en 21.79s acadando así a medalla de prata. Nas vallas cortas, Emma Valencia tamén sería prata parando o crono en 16.03s.
Tres medallas de prata nos lanzamentos, destacar os rexistros de Raquel Villa no peso chegando ata os 12.47m, Patricia Correa no martelo con 47.29m e Yago Araújo na misma proba chegando ata os 60.72 que suponen mellor marca persoal.
Marcos Bouza no lanzamento de disco, colgaríase a medalla de bronce cunha marca de 43.73m. Dobre medalla de bronce para Paula Piñón, no lanzamento de xavelina e no disco cunhas marcas de 40.11m e 35.98m respectivamente.
Nos 100ml, cun rexistro de 12.51s Andrea Pais acadaría a terceira posición.
Eva Queimaño nos 400mv cun tempo de 1’06.89 e Uxía Paz no triple salto chegando ata os 11.51m colgaríanse as medallas de bronce.
Salientar tamén a participación de Abdel-Kader Larrinaga que, na súa condición de estranxeiro, non puido tomar parte no campionato pero si partipar nalgunha das probas o longo da fin de semana. Destacar as súas victorias nos 110mv. cuns espectaculares 14.27s e no salto con pértega coa súa mellor marca personal 4.35m.
En resumo, 53 agasallos e moitas alegrías por parte d@s nos@s neste «Campionato Galego Covid-19».
¡Parabéns!
