Actualidade

XII Trofeo Alfonso Posada: Inscritos á altura da ocasión

O venres 1 de xuño o Celta Atletismo organiza unha vez máis o Trofeo Alfonso Posada, meeting que alcanza a 12ª edición para rendir homenaxe ó histórico presidente e xornalista dende os anos 50 do noso clube. O evento crecerá un ano máis congregando xa non só ós nomes máis destacados do atletismo galego, senón tamén portugueses ou asturianos e vascos.

Os célticos serán protagonistas grazas a nomes como Nediam Vargas, Gonzalo Basconcelo, Pedro Juncal, Andrea Pais, Nacho Fernández, Miguel Cajaraville, Bea Viteri ou Olaia Becerril, así como a flamante RE sub16 Antía Sestelo. Xunto a eles outros atletas que encabezan os ránkings autonómicos e nacionais como Javier Cancela, Jean Marie Okutu, Lidia Parada ou Raquel Meaños. Podedes consultar o listado completo de admitidos nesta ligazón.

A xornada que comezará ás 19.30 coas primeiras series do 100, rematará sobre algo antes das 22h coas distintas ceremonias de premiación. O Trofeo sirve para rendir homenaxe a Alfonso Posada, quen dende mediados do século pasado foi adestrador, delegado presidente e cronista do Celta Atletismo; convertíndose nunha das figuras máis importantes xa non só da nosa historia -foi el quen reorganizou o clube nos anos 50- senón do atletismo galego e español.

Unha xornada de atletismo de primeiro nivel nas Pistas de Balaídos, as que convidamos a todo o celtismo e afeccionados ó deporte a empezar o mes de xuño.

Anterior post

21 medallas para a canteira con Récord de España de Antía Sestelo

Siguiente post

Empezando xuño a toda velocidade

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: XII Trofeo Alfonso Posada: Inscritos á altura da ocasión […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *