ActualidadeAs crónicas

Unha Pascua para recargar as pilas

Co fin da tempada de inverno iniciábase unha pequena etapa de transición para os nosos atletas, incluindo a Semana Santa. Estes dez días foron especialmente productivos para os nosos atletas máis novos, coincidindo coas vacacións escolares e puidendo adestrar máis. Isto foi o máis destacado da Pascua:

  • Ata León desprazáronse algunhas das perlas da nosa canteira. Os medallistas nacionais en lanzamentos Irene Gómez Eric Méndez (martelo), Antía Sestelo (xavelina) e a marchadora Iria Rivas acudiron á tradicional concentración de Semana Santa da RFEA. Estas concentracións sirven para facer un seguimento dos valores emerxentes do atletismo nacional, permitíndolles adestrar en instalacións de primeiro nivel como o CEARD da cidade leonesa.

    Os nosos medallistas concentrados en León. Moito futuro nunha soa foto!

  • A Federación Galega tamén celebrou en Ourense a súa concentración do sector de velocidade. Alí estiveron atletas xa consolidadas como Olaia Becerril Andrea Pais como integrantes do relevo absoluto 4×100, así como algúns dos nosos cadetes máis prometedores como Martín Barcia, Jorge Roman Erik Fernández. Este último lograría no VII Trofeo Club Deportivo Aurum desputado durante a concentración a mínima nacional dos 100m, con 11’72.

    Os nosos velocistas concentrados en Expourense a pasada Semana Santa.

  • O 28 de marzo celebrouse en Vigo o XXXI Trofeo Reconquista – Trofeo Antonio Fernández organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Os nosos atletas Celia Pérez (3000), Iván Rodríguez (lonxitude) e Pedro Vázquez (600) lograrían as victorias nas súas probas, así como a lanzadora Lara Tilve melloraba a súa marca persoal ata os 46’10 no martelo sub16, o que lle permite escalar postos no ranking nacional ata o 4º posto.

Aproveitar este resumo para felicitar novamente os nosos ilustres veteráns pola súa sensacional actuación no Europeo Máster Indoor desputado en Madrid. Noraboa a todos!

Anterior post

Peche de inverno inmellorable: Éxitos de cadete a veterán!

Siguiente post

A previa 06/04: En abril, competicións mil

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Unha Pascua para recargar as pilas […]