Actualidade

O Celta Atletismo aumenta a súa representación na FGA

O comezo da nova lexislatura 2018-2022 na Federación Galega de Atletismo deixa un marcado carácter céltico dentro do ente. Despois do proceso electoral rematado o mes de novembro e a Asamblea Xeral celebrada o sábado 29 de decembro en Santiago de Compostela, o noso clube está presente nos seguintes órganos federativos:

  • Xunta Directiva: O noso presidente Jose Ángel Serantes incorpórase ao órgano de goberno máis importante da Federación Galega en calidade de vogal, a proposta do presidente Isidoro Hornillos.

    O noso presidente Serantes foi nomeado polo presidente da Federación para este posto.

  • Comisión Delegada: O lanzador Víctor Pérez Currás é o representante electo da Comisión de Atletas dentro deste órgano de goberno e representación.
  • Asamblea Xeral: O estamento que representa a todo o atletismo galego será no que haxa unha maior presencia celeste. Tanto o Real Club Celta Atletismo como o Atletismo Feminino Celta  forman parte do estamento de clubes a través dos seus presidentes, Serantes Paula Mariño. Mentres, Manuel Ageitos, Mar Chillón Víctor Pérez serán os nosos representantes dentro dos atletas, sendo 3 dos 5 representantes da provincia de Pontevedra.

    Os representantes célticos na última Asamblea Xeral, no Hostal dos Reis Católicos.

  • Comité Técnico: Os adestradores do noso clube aumentarán os seus postos de responsabilidade na tecnificación galega, dentro do departamento dirixido por Madó González:
    • Jose Manuel Hermida manténse ao fronte do lanzamento de martelo novamente, confirmando os seus éxitos nestes anos.
    • David Gómez destaca como novo responsable de probas combinadas e saltos verticais, sendo o olímpico un dos adestradores que máis disciplinas abarca.

      David abandonou a competición como atleta e atópase volcado na labor como técnico.

    • Tamén está presente a adestradora e presidenta do noso filial Verónica Cores (AD Mazi) como responsable de saltos horizontais (lonxitude e triplo salto).

Con estas incorporacións á FGA o traballo e crecemento do noso clube queda recoñecido xa polo noso atletismo, abríndose un novo e ilusionante período no cal as mellores do clube poderán beneficiar a todo o ámbito galego. Boa sorte a todos eles!

Anterior post

Comunicado oficial: Cancelación do IV Trofeo Solidario

Siguiente post

Cara e cruz na Copa de Clubes de Ourense

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *