ActualidadeAs crónicas

Reconquistando da base á milla pola baía!

Primeiro fin de semana de abril -de novo marcado polas chuvias aínda que con bo tempo de forma intermitente- no que os nosos atletas metéronse no papel da Reconquista e decidiron saír a gañar nas distintas probas celebradas para a nosa Escola, nas combis ou en Ruta:

  • No Campionato Galego de Milla en Ruta chegarían os resultados máis importantes para os nosos. O domingo en Santiago Gonzalo Basconcelo alzábase por primeira vez co título galego da distancia (4:27) estando acompañado ademais no podio co bronce por Luis del Río, que tamén lograría a prata sub23 (4:36). Os seguintes célticos máis destacados serían Celia Pérez e o seu 5º posto absoluto (5:40) e Santiago Salgueiro cun 7º (4:54).

    Gonzalo Basconcelo e Luis do Río, no podio do Galego de Milla

  • En Pontevedra desputábase ao longo do fin de semana un Campionato Galego de Probas Combinadas por Clubes e Máster marcado pola polémica e as ausencias, como xa sinalamos na nosa previa. Isto non impediu a Cristina Estévez impoñerse na categoría W.40 con 3.676 (RG da categoría), mentres que a cadete Lucía Dopico conseguía a primeira praza no héxatlon sub16 con 2.660 puntos. Haberá que agardar ao ano que ven para que os combineiros célticos poidan volver a defender os seus títulos por equipos.

    Lucía Dopico e Cristina Estévez despois das probas en Pontevedra.

  • A outra gran cita a nivel absoluto da fin de semana foi a XIX Media Maratón Vig-Bay entre as localidades de Vigo e Baiona. Despois dos 21km que comezaban na viguesa praia de Samil, Alice Finot remataría en 2ª posición na carreira absoluta femenina. Lembrar que esta proba puido celebrarse en gran parte grazas ó apoio dos nosos atletas que exerceron unha vez máis de voluntarios ao longo da fin de semana, resistindo as inclemencias meteorolóxicas.
  • Por último, as últimas alegrías da fin de semana chegarían da man das nosas Escolas nas primeiras xornadas de Xogade. O sábado en Pontevedra sobresaían os infantís, mentres que o domingo os benxamíns e alevíns destacaron en Vigo polo seu número. Os sub14 máis destacados serían Dawit Comesaña (1º nos 80ml e 3º na xavelina) e Carlota Salgado (1ª en 80mv e 2ª na lonxitude). Ademais, Carlota gañaría o relevo xunto con Noa Álvarez, Laura Souto Clara Carballido. 

    Algúns dos atletas da Escola, en medio da chuvia do pasado domingo.

Felicitar ós nosos fondistas e os máis pequenos das Escolas por esta gran fin de semana, e sobre todo a todos os atletas célticos que colaboraron na Vig Bay. Sen vós, sería imposible!

Anterior post

A previa 06/04: En abril, competicións mil

Siguiente post

As competicións collen velocidade e unha despedida olímpica

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Reconquistando da base á milla pola baía! […]