ActualidadeAs crónicas

Peche de inverno inmellorable: Éxitos de cadete a veterán!

Winter is over, ó contrario que en Game of Thrones. A tempada de inverno chegou ó seu final cos distintos campionatos e criteriums celebrados dende o venres. Estes foron os resultados dos nosos atletas que serviron como broche da mesma:

  • Os cadetes cumpriron en Sabadell durante o seu Campionato Nacional sub16 de Pista Cuberta. A atleta máis destacada foi a lanzadora e medallista nacional Antía Sestelo que desta vez tivo que conformarse coa medalla de chocolate no peso, mellorando así a posición e a súa marca persoal ata os 11’51. Erik Fernández logaría o pase na Ronda 1 dos 60m con 7’43 pero os 7’50 das semifinais non serían suficientes para a seguinte ronda, rematando na 16ª posición. Os fondistas Pedro Vázquez (16º) e Hugo Suárez (34º) non puideron avanzar  das semifinais cos seus 2:44:80 e 2:50:40 respectivamente. Completaría a actuación céltica Lucía Dopico (30º) nos 60mv con 9’62. Boa actuación coral para un grupo que era prácticamente o seu debut a nivel nacional.
  • Gran alegría para Iria Rivas en Castellón. Durante o I Criterium Nacional de Marcha a atleta lograba a primeira posición, un dos criterios que se lle esixen para poder desputar o Campionato de Europa deste verán. Pola súa parte, Jose Fernández Nieves lograría a súa mellor marca da tempada e preto dos seus mellores rexistros. Brais Prieto completaría o trío céltico de marchadores que tantas alegrías leva dadas este inverno.

    Os nosos 3 marchadores en Castellón. Presente e futuro céltico!

  • Os nosos ilustres veteráns seguen dando a talla, desta vez en Madrid. No Campionato de Europa Máster en Pista Cuberta os nosos atletas maiores de 35 anos aproveitaron a cercanía do evento para poder enfundarse a camiseta da selección española. A primeira gran alegría chegou da man de Ignacion Fernández no martelo M35, impoñéndose por máis de 15m de vantaxe (57’60) na proba malia o horario e a climatoloxía. Seguindo cos lanzamentos, Jose María Otero Harold sería 5º no disco con 30’11. A segunda medalla chegaría con Jose Fernández Nieves na marcha na tarde do día 21, un gran bronce nos 3000 M35 con 13:26:78. Polo momento, Miguel Gómez xa desputou as eliminatorias dos 60m sen opcións de clasificarse, sendo mañán o turno dos 200m M35. Tras a renuncia de Fernando Paredes no peso, Cristina Estévez Emma Valencia completarán a representación céltica na xornada do venres.

    A imaxe da marcha dentro da Pista Cuberta de Gallur, un dos detalles deste Europeo

  • O mércores 21 e durante a Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, os nosos atletas Nacho Fernández (absoluto), Olaia Becerril (sub23) e Fran Pérez (deporte adaptado) eran recoñecidos como os mellores dentro do atletismo vigués. A isto temos que sumarlle a nova do premio a Olaia como mellor atleta sub23 no global, demostrando por qué é unha das xoias da nosa canteira. Parabéns a Olaia e ó seu adestrador Alberto Salgado, así coma ó resto de premiados!

    Nacho Fernández, durante a proba na que se proclamou Campión de Europa

Remata así a primeira parte da tempada con títulos nacionais, récords autonómicos e mínimas internacionais. Coa gran maioría dos nosos atletas xa pensando na pista ó aire libre, o Clube tamén comeza a preparar as dúas primeiras citas cruciais do mes de abril: o Campionato Galego de Clubes e a 1ª Xornada de Liga de 1ª División de Homes, ambas a celebrar en Vigo o 21 e 28 de abril.

Anterior post

A previa 16/03: Os cadetes á conquista de Sabadell

Siguiente post

Unha Pascua para recargar as pilas

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Peche de inverno inmellorable: Éxitos de cadete a veterán! […]