ActualidadNoticias

O Femenino segue reinando na Copa, os homes repiten prata!

Sen cambios respecto a 2017. Na Copa Galega de Clubes en Pista Cuberta – estrenándose na instalación de Expo Ourense – os nosos equipos repetiron o posto do ano pasado  aínda que con distintas sensacións, sendo elas as grandes protagonistas e vencedoras da mañana no primeiro título colectivo do ano.

A familia céltica en Expo Ourense despois da competición

  • Algo quedou claro na xornada do domingo 7: na Copa Galega segue a haber unhas raíñas indiscutibles. Os 83 puntos permitiron unha cómoda victoria das mulleres contra un ADAS Proinor en crecemento (2º, 76pts) e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra (3º, 72pts). Cruciais para conseguilo foron as 5 victorias parciais de Nediam Vargas (200), Alice Finot (1500), Eva Queimaño (altura), Bea Viteri (pértiga) e Olaia Becerril (lonxitude). As nosas primeiras espadas cumpriron deste xeito con creces, marcando xa ás máis novas o camiño para pelexar o ascenso nas Ligas. Máis apretada foi a clasificación masculina, na que os rapaces repetiron a prata con 75pts fronte a SGP (1º, 78pts) e seguidos moi de cerca polo Atletismo Narón (3º, 74pts) e un Atletismo Santiago (4º, 72pts) xa consolidado entre os grandes galegos. Gonzalo Basconcelo (1500) e Miguel Cajaraville (pértiga) volveron a ser os máis destacados gañando as súas probas.

O equipo masculino no podio comandado polos veteranos Miguel Gómez e Noel Vega

Pola súa parte parte na I Serie Municipal en Vigo destacaron entre a numerosa participación céltica os dous lanzadores de martelo líderes nos seus ránkings nacionais: Eric Méndez (sub16, 4kg) e Irene Gómez (sub18, 3kg) con 54,08m e 55,79m; así como a lanzadora de peso cadete Antía Sestelo que cos seus 10,98m consegue virtualmente a mínima (11m) para os seus Campionatos Nacionais sub16 tanto en Aire Libre como Pista Cuberta (Castellón Sabadell).

Fin de semana polo tanto de alegría colectiva dentro da familia céltica e que sirve como aperitivo para o Campionato Galego Absoluto indoor a celebrar, novamente, en Ourense o próximo sábado 13.

Anterior post

A previa 05/01: A pola Copa!

Siguiente post

A previa 12/01: Gala, Absoluto e Veteráns!