Actualidade

O Celta Atletismo e a Fundación Celta ratifican o seu camiño xuntos

O presidente do Celta Atletismo Jose Ángel Serantes, e o director da Fundación Celta, Germán Arteta, selaron o pasado mércores 31 en A Sede un convenio de colaboración co que reforzan os seus lazos de unión.

O vínculo entre ambas as entidades estreitouse nos últimos anos, especialmente por mor de Invasión Celeste, a carreira popular da Fundación Celta na que colaboran a modo de voluntarios os novos atletas do Celta Atletismo. Con este novo acordo, a Fundación Celta referenda o seu apoio ao deporte base en todas as súas disciplinas e abre un novo marco para intensificar a colaboración co club de atletismo.

Germán Arteta e Jose Ángel Serantes durante a firma do convenio

Ademais, a Fundación Celta entregou como agasallo ao noso clube unha das viñetas da serie limitada de Quesada  das que dispón o clube, constatando a boa relación entre ambas entidades celestes. A redación deste convenio nace despois de varios meses de conversas, e dende o clube queremos destacar o traballo de Mónica Rotea.

Anterior post

Asamblea e Cea Céltica, venres 5 de outubro

Siguiente post

Volve o atletismo máis solidario co IV Trofeo de Nadal

1 Comentario

  1. […] entrada O Celta Atletismo e a Fundación Celta ratifican o seu camiño xuntos se publicó primero en […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *