ActualidadeAs crónicas

Meetings, Récords e unha Escola de notable

Despois dos pequenos fallos técnicos -xa subsanados- que imposibilitaron a tradicional previa do pasado venres 11, chegamos á mediados de maio cunha nova crónica semanal que confirma o grandísimo estado de forma dalgúns dos nosos atletas, así como o crecemento xa imparable do noso clube dende a base:

  • O Ourense Thermal Meeting acolleu nas pistas universitarias da cidade das Burgas ó mellor do atletismo galego, portugués e español; formando parte do calendario da RFEA. Aínda que o tempo e a pista non estiveron á altura das anteriores edicións e expectativas, os célticos tamén fixeron acto de presenza. Entre todos eles sobresaíron Nediam Vargas (24,02) Andrea Pais (25,18) nos 200m, copando deste xeito os primeiros postos do ranking galego e quedando ás portas da mínima absoluta no caso de Andrea. Luís del Río amosaría novamente o seu estado de forma cunha nova marca persoal no 800 de 1:53:39. Por último e tamén no mediofondo, Alice Finot lograría unha mellor marca da tempada no 1500 de 4:24:41.
  • organizou novamente o seu prestixioso IX Torneo de Lanzamentos no que a nosa canteira do sector volveu a amosar a súa forza esta tempada. Irene Gómez batía novamente o seu RG co martelo de 3kg, chegando ós 59’57m. Nico García igualaría a súa MMP e RG do fin de semana anterior co disco de 1’5kg ata os 53’90. Tamén destacarían no martelo de 4kg cadete os medallistas nacionais Eric Méndez (61’40) e David García (54’50), moi preto das súas mellores marcas persoais.

    Moito futuro, moito talento, moito celtismo nunha foto! Foto: Jose Manuel Gómez (Xa con Flickr!)

  • Lugo acollía unha xornada histórica para a nosa canteira co Campionato Galego de Clubes sub10, sub12 e sub14. Coa participación dos equipos célticos, a nosa Escola completaba o pleno de combinados presentados nestes campionatos, en homes e mulleres, de benxamín a absoluto. Os grandes protagonistas da xornada serían os infantiles que conseguirían un inesperado pero esperanzador 1º posto, levándose o título galego con 216pts. Os rapaces alevíns rozarían o podio con 98’5pts, a tan só medio do Ourense; e os benxamíns levarían outra medalla de chocolate con 85pts. Pola súa parte as rapazas lograrían un 12º posto e 113’5pts nas infantís, o 11º con 84pts nas alevíns e o 13º con 50pts nas benxaminas. Un notable a nivel grupal dunha Escola que asistía por primeira vez na súa totalidade e que ten aínda moito camiño por percorrer.

    Os infantiles segunido a estela gañadora dos cadetes e do equipo absoluto masculino!

  • Xa na xornada do domingo, turno para o Campionato Provincial Alevín de Xogade, novamente na beira do Río Lérez. Chegarían ouros da man de Luis Fernández no lanzamento de pelota, Valería González en lonxitude e Marina Gutiérrez en altura. Acompañaría ás dúas no podio cun bronce Alejandra Prieto en ambas probas, redondeando a súa actuación con outro 3º posto das 3 xa nomeadas xunto con Carme Franco no relevo 4×60. Uns resultados individuais para refrendar os pequenos talentos no seu primeiro gran campionato.
  • Ata terras portuguesas e non precisamente para ver Eurovisión desprazáronse as atletas do grupo de David Gómez para tomar parte no Meeting de Lisboa. Nunha xornada de gran nivel, Bea Viteri Nayara Sobrinho saltarían 3’45 no salto con pértega, mentres que Karolina Puchmertlova lograría a súa mellor marca persoal na xavelina con 38’56m.

    Karolina recollendo o seu premio no prestixioso meeting. Un novo éxito esta tempada para ela!

  • A nosa inesgotable atleta-directiva Cristina Estévez participaría en Gavá no nacional de probas combinadas para os veteráns, proclamándose Campiona de España cun novo récord galego en W40 no pentathlon e nas vallas. Unha auténtica segunda xuventude da nosa fondeira reconvertida.

    As medallistas ó término do Campionato, coa nosa Cris á cabeza!

  • Nunha das probas máis especiais e distintas do mundo atlético tomaría parte o noso ultrafondista Jose Antonio Requejo o pasado 6 de maio. Ata Croacia desprazouse para tomar parte na Wings for Life, proba solidaria da que se proclamou gañador o ano pasado en Valencia. A proba consiste nunha carreira na que os participantes son perseguidos por un coche que parte a 15km/h e vai acelerando pouco a pouco. Nesta ocasión o atleta pelexou a vitoria malia a súa recente fisura nunha costilla, quedando nunha extraordinaria 2ª posición con 55 kms percorridos. Moi orgullosos de ti!

    Imaxe de Requejo durante a carreira. Un claro exemplo de AFOUTEZA.

Unha crónica tan extensa só pode significar que os nosos atletas deron moito que falar a pasada fin de semana….e máis que darán. Agora xa no punto de mira: a II Xornada de Liga do 20 de maio, en Gandía e Alcorcón. Alí estaremos!

Anterior post

Campionato histórico para a canteira e éxito rotundo dos lanzadores

Siguiente post

A previa 18/01: Viaxando con afouteza

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Meetings, Récords e unha Escola de notable […]