ActualidadeAs crónicas

Marcas persoais en Valencia e a Escola sensacional no Cross!

Dende o Levante ata a Costa da Morte. Os nosos atletas rendiron por enriba das mellores expectativas unha vez máis, dende os máis cativos ata os que a pelexan dentro da élite nacional.

  • No Velódromo Lluis Puig de Valencia os cinco célticos estiveron á altura dun Campionato de España Absoluto indoor. A primeira en saltar á pista sería Nediam Vargas, logrando o mellor tempo nas eliminatorias con 7’56, sendo esta a súa mellor marca da temporada. Pola tarde nas semifinais -e malia non poder pasar a final pola súa condición de extranxeira- rematou en 2ª posición da primeira semifinal cuns sensacionais 7’50, logrando a súa marca persoal. Na primeira proba da xornada da tarde, Emma Valencia conseguía 8’96 na súa eliminatoria dos 60mv, quedando a unha centésima do pase ás semis pero batendo a súa marca persoal tamén e finalizando en 17º posición. Alice Finot completaría na tarde do sábado o triplete de mellores marcas persoais femeninas cun extraordinario final nas semis dos 1500 -mesma situación que Nediam para a francesa- que lle valía uns 4:31:64 e a segunda posición. Meritoria sería tamén a actuación de Gonzalo Basconcelo que nunha carreira lenta conseguía o 11º posto no 3000 e 8:35:78. Pero o atleta que máis tempo estivo en pista sería o combinero Adolfo Sainz-Maza que no seu debut no Heptathlon a nivel absoluto conseguía un gran 10º posto e 4.640 pts (7’40-6,25-12,10-1,94-8’89-4,00-3:17:15). Extraordinario o resultado final dos nosos representantes na cidade do Turia que invita ó optimismo de cara ó Nacional de Aire Libre de Getafe.

    Alice moi tranquila antes da súa saída. Que ben lle senta a tele

  • Non deixan de sorprendernos. É a principal conclusión dos nosos equipos cadete e alevín masculino que se proclamaron subcampións galegos sub16 e sub12 en Pobra do Caramiñal, durante o Campionato Galego de Xogade de Campo a través. Os primeiros con Pedro Vázquez (4º, conseguindo o billete para ir coa selección galega), Hugo Martínez (6º), Daneil Crespo (19º), Nicolás Arias (35º) Pablo Correa (39º) e Biruk González (41º), quedando a 3 puntos do ouro. Pola súa parte, os cativos leváronse esa prata grazas ós  Lucas Martín (26º), Martiño Salgado (27º), Leonardo Soltero (33º), Andrés González (37º), Alberto Fernández (38º) e Luis Fernández (51º). Completou a participación céltica Alejandra Prieto cun grandísimo 10º posto na carreira alevín femenina.

    Os cadetes seguen a súa ilusionante temporada de inverno. Non teñen teito!

  • 10 medallas en Lugo durante o Campionato Galego de Lanzamentos de Inverno sub16 e sub18. Os nosos lanzadores máis novos volveron demostrar que non entenden de temporadas de inverno e de verán e seguen colleitando éxitos e marcas persoais. No campionato -que fora aplazado- conseguiron o título galego Irene Gómez (martelo sub18, que cos seus 59’20 volve a liderar o ránking nacional e un novo RGalego), Nico García (disco sub18, 53’07 ) e Lara Tilve (martelo sub16, 41’41) e David García (martelo sub16, 53’10). As pratas foron para Antía Sestelo por partida dobre (disco e xavelina sub16, 27’79 e 37’65), David García (disco sub16, 36’68) e Adrián Gómez (martelo sub16, 35’32). Os bronces foron para Patricia Correa (martelo sub18, 48’49) e Eric Méndez (disco sub16, 35’59). Estes resultados son unha carta de presentación inmellorable para o III Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Menores en Castellón o vindeiro fin de semana, onde a representación céltica pode ser unha das máis numerosas da tempada nun nacional.

    Irene é outra das nosas fichaxes que mellor lle está sentando a celeste este ano!

  • Paralelamente disputouse a IV Xornada da Copa Deputación no módulo e nas pistas lucenses. A noticia máis destacada sería a mínima de Olaia Becerril na lonxitude (5,47) para o Nacional sub18 de Aire Libre de Gijón (23/24 de xuño). Comeza así a despegar por fin a súa temporada, noraboa Olaia!

Unha vez máis, agradecer o voso apoio por redes sociais a todos os nosos atletas. A vosa voz é a nosa forza!

Anterior post

A previa 16/02: Coa élite en Valencia!

Siguiente post

A previa 23/02: Os nosos lanzadores máis novos a polas medallas en Castellón!