Actualidade

Volve o atletismo máis solidario co IV Trofeo de Nadal

Chega o mes de decembro e con el, unha das probas máis especiais do ano para o Celta Atletismo. O sábado 15 celebraremos o IV Trofeo Solidario de Nadal, unha proba que continúa medrando cada ano da man dos nosos patrocinadores e que presenta novidades:

Pese a retirada da homologación nas probas de velocidade para o recinto vigués, as probas volverán a celebrarse nas pistas de Balaídos. Mentres que outras probas como as Series Municipais tiveron que ser aprazadas, dende o Celta Atletismo decidimos manter esta competición xa que «o seu carácter solidario pesa moito máis que o competitivo». Ademais, ao ser unha proba dirixida as categorías menores, non é tan necesaria a homologación das marcas para récords e mínimas coma nunha absoluta.

O ano pasado o tempo acompañou e o ambiente foi espectacular durante toda a xornada.

Poden participar na mesma tanto atletas federados (inscripcións vía RFEA e carreirasgalegas.com ata o mércores 12 ás 20h) e non federados (inscripcionesceltaatletismo@gmail.com) ata o luns 10 ás 20h. No caso de confirmarse un ano máis o éxito desta edición, convidámosvos a ir igualmente ata un dos puntos de recollida de xoguetes e alimentos para participar nesta gran festa solidaria.

Podedes consultar o regulamento completo aquí.

Anterior post

O Celta Atletismo e a Fundación Celta ratifican o seu camiño xuntos

Siguiente post

Comunicado oficial: Cancelación do IV Trofeo Solidario

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *