Actualidade

Inverno 2019: Os nosos ilusionan nos Campionatos de España

O final da tempada de inverno cos distintos Campionatos de España -de Pista Cuberta ou hómologos- arroxa un balance esperanzador de cara ó aire libre, con máis de 50 participacións, 17 medallas e 25 finalistas nas nosas filas. Isto foi o máis destacado nos últimos 3 meses:

  • Campionato de España Absoluto: Antequera, 16/17 de febreiro.

UN SALTO DE OLAIA PARA A HISTORIA

Na súa primeira gran cita absoluta conseguir ser protagonista como nunca. Olaia Becerril voou en Antequera ata uns espectaculares 6’10 durante o Campionato de España Absoluto, o primeiro para ela tanto en Aire Libre como Pista Cuberta. A pupila de Alberto Salgado finalizaba en 4ª posición nun concurso marcado polo RGAbs de Leticia Gil (6’25), pero pelexando contra as especialistas nacionais que xa foron internacionais. Esta marca supón un novo Récord Galego Sub20 e Sub23 -tanto en AL como indoor- e un novo récord do clube que ela mesma posuía; deixandoa a tan só 5 cm da mínima do Campionato de Europa da súa categoría.

Veteranas con apenas 18 anos. Olaia e Eva son dous buques insignia do Femenino!

A outra representante céltica na cita foi a súa compañeira de categoría a júnior Eva Queimaño. Para a nosa combinera era a segunda participación nun absoluto e lograría repetir o 8º posto de Getafe en xullo. Logrando mellorar a súa marca persoal ata os 3.X389 puntos, acabaría como finalista nunha proba na que o récord de María Vicente centrou todas as miradas. Pese a aparecer inscrita nos 60mv e nas combinadas, a lucense Alicia Merino non participou finalmente por unha enfermidade ao longo de toda a semana.

  • Campionato de España Sub23 de Pista Cuberta: Salamanca, 9/10 de febreiro

SEN SORTE PARA OS PROMESAS NO FRÍO SALMANTINO

O primeiro nacional de inverno estivo marcado polo comezo do peche das pistas de Balaídos polas obras de febreiro. Os nosos promesa acudiron a Salamanca coa esperanza de rendir nas súas marcas, moi lonxe da pelexa polos metais e os postos de finalista. Na matinal do sábado todas as miradas centábanse nos 200, coa presenza de Pedro Juncal Andrea Pais. O céltico quedaría cuarto na súa eliminatoria con 22’79. Pese a igualar os seus rexistros deste ano, non progesou a seguinte ronda e rematou en 27º. Pola contra, a mala sorte cebouse

Fernando, Pedro e Andrea tiveron a dificil tarefa de inaugurar a tempada de inverno nacional….pero apoiados en todo momento nas bancadas de Salamanca

coa baionesa. Despois dun arranque dubitativo, un tirón na contrarrecta obrigáballe a abandonar a carreira cunha coxera considerable. Ela mesma recoñecía días antes na prensa que non estaba adestrando ó 100%.

Pola tarde, a flamante fichaxe no fondo de Fernando Rial probaba sorte na final directa dos 3000m, trasladándose directamente dende Valladolid, onde estuda actualmente. O pontevedrés mantívose dentro dun numeroso grupo que pelexou polos postos de finalista ata o final, chegando en 11ª posición cun tempo de 8:55.93.

  • Campionato de España Sub20 de Pista Cuberta: Madrid, 2/3 de marzo

A CONSAGRACIÓN DUNHA XERACIÓN HISTÓRICA

Se tiveramos que atribuír a algún grupo o crecemento do equipo feminino nos últimos 3 anos, sería sen dúbida a xeración de rapazas nadas no 2000 e 2001; un grupo de célticas que seguen medrando xuntas. Ata a madrileña pista de Gallur desprazáronse 7 atletas do noso clube, destacando a colleita femenina liderada por Olaia Becerril.

A saltadora sumou unha nova medalla nacional na lonxitude, igualando unha vez máis este os seus mellores rexistros (excepto o gran salto de Antequera). Olaia lograría a prata despois de saltar ata os 5’83, a tan só 3cm da primeira clasificada. Pola súa parte, os seus compañeiros de adestramento Pablo Saa (9º; 13’74) e Uxía Paz (10ª; 10’64) non puideron rematar como finalistas no tripo salto.

A expedición céltica e de asociados, momentos antes de partir de Vigo

A outra cabeza visible da xeración, Eva Queimaño; sumou unha nova participación nacional con marca persoal incluida e sendo finalista. O seu xen competitivo valeulle para irse ós 3.406pts no pentatlon, a menos de 200 das medallas pese a rematar sexta. Completaron a representación celeste dúas das nosas fondistas titulares nas Ligas. Ruth Carrera (7ª Semifinal 2; 5.01.96) e Lucía Cardesín (11ª Semifinal 1; 5.06.86), caendo nas súas eliminatorias.

  • Campionato de España Sub18 de Pista Cuberta: Valencia, 9/10 de marzo

A NOVA FORNADA TOMA O RELEVO

Se as célticas do 2000/2001 viven un momento doce, a seguinte xeración xa lles pisa os talóns. No velódromo valenciano Lluis Puig estiveron nada máis e nada menos que 7 atletas célticos da categoría Sub18. Os xuveniles, malia non destacar aínda con medallas; presentan deste xeito a súa candidatura a ser a seguinte gran fornada da nosa Escola.

Vigo, Pontevedra e Lugo. A nova xeración céltica consolídase como o equipo galego do futuro!

O máis destacado de todos eles sería o velocista Jorge Román. O atleta, de primeiro ano e medallista o ano pasado na categoría cadete; brillaba con luz propia nas semifinais dos 400m ao batir o Récord Galego da categoría; deixándoo en 50’47 -catro décimas menos que a marca anterior realizada no 2018- e finalizando en 11º posición no global e terceiro da semifinal 1. Poderíamos considerar este un récord sinxelo, xa que o de aire libre está por debaixo dos 49 segundos; pero está claro que o atleta de Francisco Rodríguez segue a súa progresión.

Os outros dous finalistas celestes chegarían da man de dúas fichaxes de gran proxección. O pontevedrés Hugo García chegaría 8º nos 3000m con 8:48.51, sendo o primeiro clasificado dos nados no 2003. Pola súa parte, Paula Piñón foi sexta no peso 3kg con 12’86; sendo a segunda clasificada deste mesmo ano.

Menos sorte tiveron o resto de canteiráns, aínda que serviulles para foguearse a nivel nacional. O venezolano Miguel Ángel Granado pagou os nervios no peso e só puido ser 11º con 13’53 despois de facer dous nulos. Na altura, Andrea Reija rematou 16º con 1’56, unha marca interesante para o aire libre. Completaron a expedición os velocistas Erik Fernández (60m, 7’32; 4º na serie 5) e David Ndgudile (200m, 23’57; 4º na serie 7); caendo ambos eliminados.

  • Campionato de España Sub16 de Pista Cuberta: Sabadell, 16/17 de marzo

OUTRA PRATA PARA PEDRO VÁZQUEZ E UN GRAN FUTURO NA VELOCIDADE

Como peche dos nacionais de categorías inferiores, os máis novos do noso clube non querían perder a súa oportunidade de unirse á festa. Ata Sabadell viaxaban tres rapaces da nosa Escola, todos eles cadetes de segundo; para participar no Nacional Indoor Sub16. O máis destacado sería unha vez máis o fondista Pedro Vázquez nos 3000m, sumando a súa segunda prata nacional nun mes con 9:10:41, a apenas un segundo do primeiro clasificado nun igualado final.

Martín Barcia e Pedro, futuros novatos do equipo absoluto!

A representación céltica completábase cos velocistas e discípulos de Sara Portabales Martín Barcia Lucas Rodríguez, ambos debutantes. Mentres que Lucas non pasou das eliminatorias pese a manterse na súa marca persoal (7’62); Barcia si que volveu da pista catalana con boas noticias. Despois dunha cómoda primeira ronda, correría as semifinais en 7’46 que; pese a non darlle o billete para a final; si que lle permitiron finalizar 10º.

  • Campionato de España Máster en Pista Cuberta: Ourense, 9/10 de marzo

HONORABLES VETERÁNS RENDINDO NA CASA

Os nosos veteráns non perden unha e menos se é case en casa. Ourense recibía centos de atletas máster de toda España no seu Nacional Indoor e a presenza dos célticos estivo a altura das circunstancias. O Feminino Celta contou as súas participacións por medallas, xa que Emma Valencia foi campioa nos 60mv W35 e Cristina Estévez subcampioa no péntatlon W40.

A idade non está reñida coa calidade nos seus casos; por iso seguen participando nas Ligas Nacionais!

Nos homes, os lanzamentos e a marcha volveron a ser os nosos puntais. Noel Vega Fernando Paredes lograrían o ouro na proba de peso (M35 e M40 respectivamente); mentres que Manuel Rodríguez alzouse coa prata na de M70. Nas probas de marcha -unha das peculiaridades desta cita- Juan Rubén Piñera proclamouse campión nacional nos 3000m M40, récord galego incluido; e Jose Fernández Nieves levouse a prata na proba dos M35. Por último, o inesgotable Miguel Gómez fíxose con dous metais na categoría M35: un ouro nos 6om e o bronce nos 200m.

  • Campionato de España Lanzamentos Longos: Jaén, 2/3 de marzo

IRENE GÓMEZ NON COÑECE O MEDO

Despois do seu debut nun Nacional Absoluto en Getafe o pasado xullo, o XI Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Largos convertíase na consagración de Irene Gómez na élite do martelo feminino. Nun concurso de menos a máis e arriscando en cada lanzamento, a pupila de Jose Manuel Hermida lograba lanzar 55’06m co martelo de 4kg, rematando nunha extraordinaria 5ª posición. A marca supón ademais o enésimo Récord Galego na conta particular da lanzadora, en concreto nas categorías Sub18, Sub20 e Sub23 que ela mesma posuía.

Irene continua a súa progresión, contando as competicións por récords.

  • Campionato de España Lanzamentos en Categorías menores: Castellón, 2/3 de marzo

REFERENTES NACIONAIS NOS LANZAMENTOS

A nosa canteira sempre destacou no sector dos lanzamentos, pero poucas veces puido situarse como referente nacional a estos niveis. No Nacional de Lanzamentos de Categorías Menores, o Celta Atletismo convertíase no segundo equipo con máis representantes -só por detrás dos todopoderosos anfitriones do Playas de Castellón- con 8 atletas. O valor desta cifra é maior xa que a este Campionato soamente van ós 8 primeiros clasificados do ránking nos lanzamentos longos entre Sub16 e Sub20. Ademais encabezan a delegación galega de 14 atletas, que supón o 10% dos inscritos.

Nico García segue medrando -en todos os sentidos- agora da man do olímpico Frank Casañas

Os máis destacados foron unha vez máis Nico García Irene Gómez. O discóbolo marinense melloraba por segundo fin de semana seguido o seu Récord Galego Sub20 e; coa mínima para o Europeo Sub20 de Boras (Suecia); enviaba o artefacto de 1’75kg ata os 60’16m. Rachar coa barreira dos 60m servíalle para batir o REsp da categoría -superado no mesmo concurso polo gañador Yasiel Brayan Sotero- colgándose finalmente a medalla de prata. O pupilo de Frank Casañas segue unha progresión que parece imparable no seu primeiro ano na categoría júnior, polo que a súa participación nas Ligas Nacionais é moi probable co equipo absoluto. Pola súa banda, a atleta de Jose Manuel Hermida volvía a proclamarse campioa de España, desta vez na categoría Sub18. Cun mellor lanzamento de 59’12m e pese a non ser dos seus mellores rexistros co artefacto de 3kg; aventaxou en máis dun metro á seguinte clasificada. Tamén na categoría xuvenil pero co martelo de 5kg; o atleta de primeiro ano Eric Méndez lograba un meritorio bronce con 58’18m, amosando que non acusa o cambio de peso este ano.

Eric Méndez e Irene Gomez son xa o presente o futuro do martelo galego da man do noso gurú Hermida

O martelo aportaría tamén outros tres participantes nas instalacións de Gaeta Huguet Jaume I. Yago Araujo sería 6º no Martelo kg Sub20 (58’52m); mentres que David García (5kg, 53’06) e Patricia Correa (4kg, 46’25) serían séptimos nos concursos Sub18 e Sub20 respectivamente. Completaron a expedición Jonatas Correa na xavelina xuvenil con 55’14m e un sensacional quinto posto; e o discóbolo vigués Marcos Bouza no disco júnior, índose ata o sexto lugar e 43’89.

  • Campionato de España de Campo a Través por Autonomías: Cáceres, 9/10 de marzo

FERNANDO RIAL, SUBCAMPIÓN NUNHA SELECCIÓN DE LUXO

No resurxir do Celta Atletismo no cross vivido este inverno, non podía faltar a nosa representación coa selección galega. Dous puntais do equipo feminino como Elena Costas Ruth Carrera foron chamadas coa selección Sub20 despois dos seus quinto e sexto posto no autonómico de As Pontes, mentres que o campión galego sub23 Fernando Rial formaba parte dun equipo con varios nomes que xa saben o que é vestir a camiseta da selección española.

Precisamente ese equipo promesa lograría subir ao podio no segundo caixón, rematando o céltico como terceiro galego -só por detrás de Adrián Ben e Tariku Novales- e 11º na clasificación xeral. Pola súa parte, Elena (48º) e Ruth (51º) contribuíron o 8º posto da selección júnior femenina.

  • Campionato de España de Campo a Través por Autonomías Sub16 e Sub18: Cáceres, 9/10 de marzo

PEDRO VÁZQUEZ DESQUÍTASE CUNHA PRATA

O bo autonómico de cross dos nosos fondistas máis mozos non caeu en saco roto e serviulles para recibir a chamada da Federación Galega. Hugo García (Sub18) e Pedro Vázquez (Sub16) foron convocados coas súas respectivas seleccións para acudir a Linares. O pontevedrés remataría na 17ª posición na súa carreira, sendo o terceiro galego; contribuindo o 5º posto da selección.

O futuro do fondo galego é celeste!

Mellor sorte tivo o pupilo de Manu Ageitos, tamén presente como adestrador da selección. Pedro chegaría en segunda posición na carreira cadete, logrando a súa primeira medalla nacional. A súa actuación serviu tamén para que a Galicia rematara en cuarta posición na categoría.

  • Campionato de España de Cross por clubes: Linares (Jaén), 22/23 de marzo

VOLVEMOS AOS NACIONAIS DE CROSS!

Os Nacionais de Cross por Clubes foron durante moito tempo unha das citas máis importantes na tempada de inverno, destacando os 4 títulos nacionais nos anos 60. Por iso o regreso dos nosos equipos a este campionato tras varias ausencias convertíase nun dos momentos máis especiais a nivel de clube este inverno.

O equipo femenino sub2o vivía así o seu bautismo tardío cunha quinteto formado por Ruth Carrera (28º), Elena Costas (33º), Lucía Cardesín (61º), Adela Ardao (130º). Comandadas polas dúas canteiráns e coa gran axuda das pontevedresas, as célticas conseguían un destacado 10º posto, codeándose coas mellores especialistas.

Moito máis mozos e inexperos, o equipo cadete estaba composto por Pedro Vázquez Bueno (2º) Daniel Antonio Crespo (52º) , Biruk González Rotea (127º), Dawit González (205º) e Anton Crispín (157º); destacando a baixa de Juan Núñez, lesionado a semana anterior e chamado a ser o segundo espada dos Sub16. Isto levounos a un interesante 13º posto na clasificación por clubes, por diante do Playas de Castellón.

  • Campionato de España de Marcha por clubes: Oropesa, 16/17 de marzo

MAR CHILLÓN E JOSE NIEVES SEGUEN NA ÉLITE

O xa emblemático circuito de Marina D’Or en Oropesa del Mar mudaba o tipo de Campionato para acoller esta vez ós mellores marchadores nacionais, estando unha vez máis o Celta moi ben representado. Mar Chillón voltaba a un nacional despois da súa estadía de Erasmus, esta vez coa elástica celeste. A canguesa lograría un gran 17º posto con marca persoal incluida nos 20 km (1h46:59), nunha proba na que a gañadora sería a vixente Campioa de Europa absoluta María Pérez.

Mar Chillón volvendo de celeste ós nacionais

Pola súa parte, o veterán Jose Fernández Nieves tomaría partido na proba de Criterium de 10km, chegando en segunda posición. Un error informático provocou que non houbera resultados oficiais, pero el mesmo colleu un tempo de 45’48».

Jose Nieves ó remate do criterium de 10km xunto co gañador da proba

Anterior post

Comunicado do clube: O peche de Balaídos

Siguiente post

Campeonato de España de Fondo en pista. 5000ml y 10000ml.

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *