ActualidadeAs crónicas

Estamos na Final do Ascenso!

Obxectivo conseguido. E ademais, con nota. Os equipos absolutos do Celta Atletismo resolveron os seus desprazamentos do pasado fin de semana e lograron rematar as dúas primeiras xornadas de Liga entre os 8 primeiros clasificados da Primeira División en LaLiga4Sports e na Liga Iberdrola, obtendo a permanencia e unha plaza para a final do Ascenso do vindeiro 16 de xuño. Isto foi o que nos deixou a ponte das Letras Galegas:

  • En Gandía os homes afrontaban un desprazamento longo e con baixas, pero souberon suplilas con afouteza e varias combinacións na convocatoria que finalmente funcionarían. Rematarían novamente en 2ª posición, desta vez por detrás dun imperial CD Surco Aventura que continúa liderando a clasificación da categoría tras os seus 194pts, aventaxando na recta final ós 174pts dos nosos. Atlético San Sebastián (165’5pts) e Correr el Garbi (154’5) pecharían o cuadrangular despois dunha gran actuación e mellor organización por parte dos valencianos. Claves de novo na actuación céltica as 7 victorias parciais, o que máis tivo no seu encontro. Gonzalo Basconcelo (3000 lisos e obstáculos) volvería a mandar por partida doble no fondo, acompañado dunha nova victoria de Luis del Río (800). Pedro Juncal (400) destacaría na velocidade e Miguel Cajaraville (pértega) e Nacho Fernández (martelo) volveron a gañar como xa é habitual. Por último, Brais Prieto gañaría desta vez o doblete da marcha con Jose Nieves. Un grandísimo resultado polas circunstancias para os rapaces que entran deste xeito na final en 8ª posición. De novo o Surco Aventura, CAPEX e Atlético Salamanca como anfitrión serán rivais xunto con outros 4 equipos o vindeiro 16 de xuño.

    Despois de 1000km, sempre se agradece poder estirar as pernas…e facendo equipo!

  • O Femenino Celta saía confiado pero buscando entrar na final pola porta grande na casa dun dos favoritos en terras madrileñas. As rapazas competiron de novo de forma sobresaínte, volvendo a rozar os 200pts (196’5) contra os 206 do Atletismo AlcorcónCA Silla (172) e JA Sabadell (108’5) non puideron estar a altura e xogaránse a permanencia na categoría. Ao igual que os homes, elas tamén conseguirían 7 victorias parciais con novos dobletes de Nediam Vargas (100 e 200) e Alice Finot (800 e 3000 obst.). Olaia Becerril (lonxitude) e Raquel Villa (peso) farían o propio dando a sorpresa, ao igual que o doblete no martelo de Irene Gómez Patricia Correa. As célticas entran deste xeito en 5ª posición na Final do Título que se celebrará tamén en Alcorcón contra equipos punteiros como as anfitrionas e o Piélagos (os que xa se enfrontaron), así como o ISS L’Hospitalet e o Juventud Atlética Elche.

    Equipazo das mulleres para a historia!

  • No día das Letras Galegas Cangas acollía o seu XIV Trofeo Vila de Cangas no que os nosos lanzadores volveron a demostrar que o seu gran nivel este ano é xa histórico. Irene Gómez superaba por fin a barreira dos 60m co martelo de 3kg no último lanzamento con 60’02, conseguindo batir o seu propio RG da categoría sub18. Mentres, o atleta da nosa Escola Eric Méndez daba a sorpresa unha vez máis pulverizando o seu recente RG sub16 mandando o martelo de 4kg a 66’23m, destacándose aínda máis no liderazgo do ránking nacional. 2 novos récords para a canteira do lanzamentos do noso clube!
  • Tamén o 17 de maio celebrouse o Campionato Galego de Relevos en Ourense. Un ano máis e pese as queixas de atletas e clubes, a súa cercanía coas Xornadas das Ligas Nacionais fixo que tanto o Celta Atletismo como outros equipos de Divisións Nacionais non participaran ou acudiran con servizos mínimos.
  • Pontevedra acollía unha cita moi agardada pola nosa escola o domingo 20. O Campionato Provincial Infantil Escolar remataba coa colleita para a nosa Escola de 7 metais: 2 ouros para Dawit Comesaña (80) e Juan González (disco), pratas para eles tamén no 1000 e na altura e Roi Sueiro no disco. Por último, Martina Herranz (220mv) e o relevo masculino con todos os rapaces anteriores e Manuel Rodríguez. A seguir medrando así!

    Caras de felicidade e orgullo a partes iguais!

  • O 18 de maio Antonio Fuertes participaba no Campionato de España de Ruta no que conseguiría un gran 11º posto na categoría M55 dos 10km. Unha nova proba a primeiro nivel dun dos nosos atletas veteráns máis destacados

    Antonio no pasado Campionato de Europa de Cross

  • Por último, mandarlle no nome de todo o Celta Atletismo unha forte aperta ó noso ex-lanzador Nuno Rocha. Esta semana coñecíamos o falecemento da súa nai Ana, moi vinculada tamén co atletismo como Xuiza en Oporto e sempre con bos recordos para o noso clube. O noso apoio para a familia Rocha que malia a súa marcha do clube, segue tendo moi boas amistades nel.
Anterior post

A previa 18/01: Viaxando con afouteza

Siguiente post

21 medallas para a canteira con Récord de España de Antía Sestelo

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Estamos na Final do Ascenso! […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *