ActualidadeAs crónicas

Empezando xuño a toda velocidade

Comezamos un novo mes e da mellor forma posible: rendindo homenaxe ó noso histórico dirixente no XII Trofeo Alfonso Posada o venres, con internacionais debutando en Portugal o sábado e con máis títulos galegos o domingo. Un mes clave nas aspiracións individuais e colectivas dos nosos atletas que deixounos esto como aperitivo do que vén:

  • É o noso trofeo máis importante e os célticos estiveron á altura. O venres en Vigo e diante do máis destacado do atletismo galego e convidados de renome, os célticos rendiron con creces. Destacaron as victorias parciais de Nediam Vargas no 100 (11’47 ventosos na final, 11’54 nas semis); Pedro Juncal (49’28, marca da tempada) e Andrea Pais (58’4 manuais por un erro dos xuíces tras unha gran carreira) nos 400, Miguel Cajaraville (4’70) na pértega, Olaia Becerril (5’85) voando novamente na lonxitude, Alberto Elena (14’22) no triplo salto e Eric Méndez (61’15) no martelo mixto. Malia non gañar as súas probas, cabe destacar tamén a un incansable Miguel Gómez (11’02) e Raquel Arias (12’70) no 100; Laura Rosende (58’8) nos accidentados 400m femininos, Gonzalo Basconcelo (1:53:56) e Alice Finot (2:10:03) coma sempre destacados no 800, Nayara Sobrinho comezando a despegar na pértega con 3’50, Fernando Rábade (6’81) mellorando por fin a súa marca persoal varios anos despois e Iván Maceiras (6’88 ventosos) nunha emocionante lonxitude; Karolina Puchmertlova (39’94, MMP) e Antía Sestelo (42’22) coas súas respectivas xavelinas. E por suposto, un concurso de martelo dominado polo celeste con Nacho Fernández (58’93, 7’26kg), Patricia Correa (50’48, 3kg), Patricia del Río (41’16, 4kg), David García (56’61, 4kg) ou Lara Tilve volvendo a conseguir unha nova MMP no martelo de 3kg con 46’34.
  • Ademais da escuadra céltica, cabe destacar o enorme nivel que conseguiu o Trofeo unha vez máis grazas ós atletas participantes. Entre eles, cabe destacar a Adrián Pérez nos 100m, conseguindo o velocista canario uns históricos 10’33 anulados polo vento (+3’5); pero deixando claro que está nun extraordinario estado de forma gañando incluso ao marinense Jean Marie Okutu (10’55) e Javi Cancela (10’68). A protagonista femenina da xornada sería Esther Navarrete cunha sensacional carreira nos 5000m con 15:54:06, pasando a liderar o ránking nacional. Desta forma batía ademais o Récord do Encontro en propiedade de Marta Fernández dende o 2010. Adrián non o conseguiría polo vento superior a 2m/s tanto nas semis como na final, pero si que puideron Pedro Juncal (revalidándoo), Alberto Elena (quitándollo a Pablo Brieva por 3cm), Raquel Meaños no 800 cun espectacular 2:08:63 (propiedade de Leticia Fernández) ou a portuguesa Andrea Venade no martelo con 53’47.

    Só o vento puido arruinar unha carreira histórica para todos os alí presentes.

  • Todos estes récords e inscritos mantiveron e incluso aumentaron o nivel dunha extraordinaria XII edición. Alfonso Posada recolleu da man de Carlos Pérez Ramón Magariños (os primeiros olímpicos do noso clube) un agasallo no nome de toda a familia céltica, alí presente aplaudindo. Esta organización abarcou dende os nosos rapaces da Escola colaborando en todas as probas ata os nosos sensacionais patrocinadores Lexus, Deleite Galego, Grupo Pasquier, MaisqueAgua, Frutas Manzano, Balneario de Mondariz, Sprinter e Bikila Vigo. Sen eles, todo isto tampouco sería posible.

    A pequena “cantina” gratuita foi un dos grandes atractivos do trofeo do venres. Que ben sentaba o chocolate con Deleite e os bollos do Grupo Pasquier!

  • O sábado vivíase unha xornada especial para o noso futuro. En Abrantes (Portugal) Iria Rivas Irene Gómez debutaban coa selección española na Copa Got Fit sub18 que enfronta ós dous países ibéricos. Mentres que a marchadora non puido pelexar por mellores marcas (25:30) debido ó enorme vento; a lanzadora discípula de Jose Manuel Hermida (presente alí como adestrador convocado) amosou a súa regularidade con 59’16m. Os seus segundos postos servíronlle a España para ganar o encontro, rematando con final feliz a primeira das que esperamos sexan moitas convocatorias internacionais coa Rojita.

    Dúas das nosas maiores promesas que seguen crecendo sen saber ata onde.

  • Durante o sábado e o domingo Pontevedra acollía unha vez máis o Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Os célticos amosaron una vez maís a súa hexemonía no sector. Eva Queimaño coronábase campiona galega absoluta (e sub20)  con 4.179 pts. Karolina Puchmertlova remataría en 3ª posición con 3.694 pts pero debido á súa condición de extranxeira, o bronce absoluto recaería sobre Cristina Estévez con 3.047 pts. Nos homes, Adolfo Sainz-Maza levaríase o subcampionato galego absoluto con 4.697 pts, lastrado polos seus 3 nulos na pértega. Na categoría sub16 a cadete Lucía Dopico remataría no 4º posto pero conseguindo unha nova marca persoal con 2.992 pts, moi preto dos metais.

    As nosas 4 raíñas das combis completaron deste xeito unha tempada para lembrar.

  • O noso fondista de máis renome Jose Antonio Requejo viaxaba desta vez ata Laredo para participar na súa maratón, rematando no 2º posto.

De novo, agradecer a tódolos presentes o pasado venres 1 nas pistas de Balaídos. Lembrade que podedes consultar os álbums do Trofeo no noso Flickr ó que tamén podedes acceder mediante a pestaña de Fotos da nosa web. Os nosos parabéns de novo a todos os atletas polas súas marcas e a seguir esta tendencia!

Anterior post

XII Trofeo Alfonso Posada: Inscritos á altura da ocasión

Siguiente post

A previa 08/06: Exames finais nos autonómicos

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Empezando xuño a toda velocidade […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *