ActualidadeAs crónicas

Doblete histórico na nosa casa: O Celta manda en Galicia!

A pedir de boca. Nin no mellor dos guións que tiveramos de cara ó sábado podíamos imaxinar o que nos depararía unha xornada máxica, histórica na nosa casa. O noso clube organizou, liderou e gañou un Campionato que aplaudido por todo o atletismo galego. E aquí tedes a crónica dun 21 de abril que xa é historia céltica:

  • Todas as olladas estaban nas Pistas Municipais de Balaídos. O XX Campionato Galego de Clubes reunía ós mellores equipos galegos e os célticos impuxeron a súa lei facendo valer a súa condición de equipos máis laureados desta proba. As mulleres dominarían con autoridade durante toda a xornada do sábado sendo moi superiores grazas ós seus 12 triunfos parciais de 20 posibles, un dato extraordinario. Nediam Vargas (100) Andrea Pais (400) e Olaia Becerril (lonxitude) farían valer a súa velocidade por partida doble xa que tamén vencerían no relevo 4×100 xunto con Raquel Arias conseguindo ademais un novo Récord Galego con 47’57. Nas carreiras chegarían tamén os primeiros postos de Emma Valencia (100mv), Celia Pérez (3000), Alice Finot (3000 obs) e Iria Rivas (5km marcha).  Alice xunto con Lucía Cardesín, Laura Rosende Eva Queimaño (que tamén gañaría a altura) lograrían o último primeiro posto no relevo 4×400. Nos concursos a hexemonía céltica non foi menos ás xa nomeadas sumáronse Bea Viteri (pértega) e Irene Gómez (martelo) que ademais acadaría un novo Récord Galego da disciplina (53’18) nas categorías sub18 (a súa), sub20 e sub23. Un novo salto de xigante dunha das nosas promesas máis importantes da canteira.

    Vargas, Becerril, Pais e Arias. Un relevo que xa é historia do atletismo céltico e galego.

  • Os homes impuxeron o oficio e a regularidade para recuperar o título que chegaron a gañar consecutivamente catro veces entre 2013 e 2016. Os triunfos parciais de Pedro Juncal (400), Gonzalo Basconcelo (3000), Alberto Elena (triplo salto) e Ignacio Fernández (martelo) foron a punta de lanza dun equipo que non baixou do 4º posto en ningunha proba. O triunfo ante unha Sociedade Gimnástica de Pontevedra -vixentes campións- moi mermada en Vigo invita ó optimismo ante á I Xornada de Liga Nacional que disputarán os homes tamén en Vigo o vindeiro sábado 28 contra o Atletismo Narón (4º clasificado tras o Santiago), Atlético Salamanca Perceiana Extremadura.
  • Só a mala sorte puido privou ós nosos universitarios de maiores alegrías en Andújar. Miguel Cajaraville (Universidade de Vigo) volvería a rozar a medalla de bronce no salto con pértega ao empatar co 3º clasificado nos 4’50, quedando relegado a fóra do podio polos nulos en alturas anteriores. Máis cruel aínda sería se cabe a sorte con Luis del Río (Universidade de Santiago de Compostela). Chegaba como o último dos inscritos no 800 no seu debut nos Campionatos de España Universitarios e tras unha sensacional eliminatoria, acadaba un billete para a final con 1:54:11 entrando na oitava posición. Esta euforia durou pouco xa que horas despois e vendo a photo finish, quedaba relegado a unha non menos meritoria 9ª praza. Unha grandísima actuación de dous dos nosos atletas máis destacados: que a mala sorte non quite o orgullo de ter a 2 rapaces capaces de acadar eses niveis nos estudos e no deporte no noso equipo.

UVigo e USC representadas en Andújar con dous célticos. Orgullo!

Histórica, sobresaínte e con moita paixón. Os parabéns ós equipos célticos de parte de todo o atletismo galego pola organización remataron extendéndose á consecución dos títulos autonómicos dos homes (8º na súa conta) e das mulleres (3º tras os de 1999 e 2016). Este doblete é ademais o segundo na historia do clube tras o de Lugo no 2016, e o 6º na historia do Campionato, xesta tan só acadada polo Clube Deportivo Universitario – USC en aquel grandísimo equipo de comezos de século (2000, 2001, 2002) e polo Ourense Atletismo Academia Postal no seu último campionato (2012).

A familia céltica ó remate das probas. Gran labor colectiva!

Agradecer a tódolos clubes, atletas, xuíces, simpatizantes e curiosos que nos permitiron vivir unha xornada así na nosa casa. O proxecto deste Celta Atletismo segue medrando en gran parte grazas ó voso apoio. Agora, a polas Ligas!

Anterior post

A previa 20/04: Na nosa casa toca demostrar!

Siguiente post

A previa 27/04: Comezan as Ligas nas Rías Baixas

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Doblete histórico na nosa casa: O Celta manda en Galicia! […]