ActualidadeAs crónicas

Dando a talla no comezo das Ligas

Xogábamos en casa e unha vez máis, estivemos á altura. Chegaba a I Xornada da Liga de Clubes de 1ª División ás Rías Baixas e tras dous días moi intensos, isto foi o que nos deixou:

  • En Vigo o sábado os homes tomaban a iniciativa xa non só como organizadores e daban o primeiro paso no camiño á Final do Ascenso cun merecido 2º posto no cuadrangular. O feito de xogar en casa foi clave para que todos os célticos cumpliran as previsións e incluso as melloraran, chegando a pelexar co Atlético Salamanca por momentos. Destacou o histórico pleno de victorias no fondo co doblete de Gonzalo Basconcelo (1500 e 3000obs), Luis del Río (800) e Medhi Nabaoui (3000). Completarían as victorias parciais como xa é habitual Miguel Cajaraville (pértega), Ignacio Fernández (martelo) e os marchadores Jose Nieves Brais Prieto consegunido a máxima puntuación nos 5km. Cos 182 puntos finais (a 13 do conxunto salmantino e aventaxando en 13’5 ao Perceiana-Extremadura que rematou no 3º posto) os homes colócanse 6º na clasificación da 1ª División. Os rivais para a II Xornada do 19 de maio serán Atlético San Sebastián, Correr el Garbi CD Surco Aventura, coa sede aínda por confirmar.

    Balaídos volveu a ser o feudo que os rapaces necesitaban

  • Pola súa parte, as rapazas daban un paso importantísimo na matinal do domingo en Pontevedra. Na recén estreada Liga Iberdrola o Femenino Celta conseguía a segunda plaza do encontro e seguindo moi de cerca ó Piélagos cántabro, un dos grandes favoritos para o ascenso. Novamente serían 7 as vitorias parciais con dobletes de Nediam Vargas no 100 (onde con Raquel Arias acadarían a puntuación máxima) e 200; e de Alice Finot (800 e 3000 obs). Emma Valencia Eva Queimaño conseguirían outro doblete nos 100mv e Bea Viteri (pértega) e Olaia Becerril (lonxitude) levaríanse os 8 puntos nos seus concursos. Malia a descalificación do relevo curto, as rapazas conseguirían uns sensacionais 197’5 pts que lles sitúan en 5º lugar na clasificación de Primeira División, presentando a súa firme candidatura á Final na que conseguir o ascenso. Na seguinte xornada da Liga Iberdrola o cuadrangular emparella ás nosas co Atletismo Alcorcón, JA Sabadell CA SIlla.

    Malia a chuvia, había moito que celebrar en Pontevedra despois de competir!

  • Grandes resultados dos nosos lanzadores estes días en Portugal. Durante a 4º Jornada de Lançamentos en Vila Nova da Cerveira da matinal do sábado, Antía Sestelo conseguía batir o récord galego en xavelina das categorías sub16 e sub18, cun lanzamento 46’56. Tamén participarían Nico García (50’25 no disco de 1’75kg) e Nacho Fernández (61’47 no martelo absoluto). Tamén en Portugal pero o 1º de Maio, celebrouse en Oporto como xa é tradicional o Día Nacional do Martelo, da que forma parte da organización un ilustre ex-céltico como Nuno Rocha. Nas instalacións do INATEL destacou o noso campión de españa sub16 Eric Méndez que proclamouse gañador da súa proba cun mellor lanzamento de 58’00m, que lle permiten seguir encabezando o ránking nacional.

    No Parque Desportivo de Ramalde, Eric Méndez sumou un metal máis este ano. A seguir!

  • Estas dúas primeiras xornadas de Liga tiveron como extras a celebración do 60 cumpleanos do presidente do equipo masculino Jose Ángel Serantes, e o tradicional bautizo dos novatos, esta vez incluso con público. Dúas imaxes de ledicia pero de distintas formas para pechar as dúas competicións.

    Ás veces a morte pode aparecer cun chubasqueiro do Celta Atletismo nas pistas. Por sorte para elas, é unha vez na vida!

Fin de semana sobresaínte para o noso clube especialmente no colectivo. O próximo sábado 5 será o turno dos equipos sub16 e sub20 no seu autonómico, onde confiamos en que continúen nesta senda. Mentres, noraboa a todos!

Anterior post

A previa 27/04: Comezan as Ligas nas Rías Baixas

Siguiente post

A previa 04/05: Turno para os equipos da canteira

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Dando a talla no comezo das Ligas […]