Actualidade

Comunicado oficial: Cancelación do IV Trofeo Solidario

Cos preparativos do IV Trofeo Solidario de Nadal xa en marcha e case medio millar de inscritos, o Celta Atletismo recibía hoxe mércores 12 a triste noticia da cancelación do mesmo polo estado das pistas de Balaídos. Seguindo un informe da empresa encargada das mesmas, as obras de reforma iniciadas o luns non estarían rematadas a tempo e non é posible a celebración de ningún tipo de proba dentro da instalación, concretamente nas probas do anel.

Esta cancelación segue criterios estrictamente técnicos, xa que debido ó mal tempo desta semana as obras demoráronse máis do previsto inicialmente. Ante esta situación nin a empresa nin o Concello poden confirmar unha nova data para poder celebrar competicións oficiais nas pistas, polo que vémonos obrigados a cancelar o IV Trofeo Solidario de Nadal, sen posibilidade de aprazalo ás vindeiras semanas. 

Isto ademais rompe a idea coa que naceu esta proba, que era aproveitar o Nadal para conxugando solidaridade e atletismo. Dende o clube queremos agradecer o enorme esforzo dos patrocinadores e inscritos, e agardamos poder retomar este tipo de probas cando as pistas estén en condicións.

Xunta Directiva do Celta Atletismo.
Vigo, 12 de decembro de 2.018.

Anterior post

Volve o atletismo máis solidario co IV Trofeo de Nadal

Siguiente post

O Celta Atletismo aumenta a súa representación na FGA

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *