Actualidade

Comunicado do clube: O peche de Balaídos

Ante o profundo malestar ocasionado polo peche das pistas municipais de Balaídos por obras, dende o Celta Atletismo queremos aclarar a nosa postura e a cronoloxía dos feitos que nos levou ata ela.

Como ben sabedes, as obras realizadas o pasado mes de novembro provocaron que as pistas perderan a súa homologación para probas federadas no anel de velocidade. Estes feitos obrigaron a suspender as primeiras xornadas das Series Municipais e o noso Trofeo Solidario de Nadal, o que xa lamentamos no seu momento.

Dende entón, o Celta Atletismo demandou en reiteradas ocasións ó Concello o inicio das novas obras que subsanaran os erros das anteriores. Durante os meses de decembro e xaneiro, a resposta dende a Concellería de Deportes era que “en canto o tempo tempo mellore”. Paralelamente, o clube buscaba tender pontes entre o Concello e a Federación Galega grazas ó peso que ten na Xunta Directiva da mesma; buscando unha saída para o malestar que experimentou nos últimos anos o atletismo vigués.

Comezado o mes de febreiro foron citados en Vigo nunha comisión Miguel Martínez como Delegado federativo; Jesús Vázquez Tallón como vicepresidente de Relacións Institucionais a FGA e Jose Ángel Serantes como presidente do Celta Atletismo e membro da Xunta Directiva. Na mesma, acordouse nomear como interlocutor co Concello a Vázquez Tallón; valorar de xeito positivo a reparación nas pistas e comezar a elaboración dun informe que recollera todas as demandas do atletismo vigués. Este informe sería enviado ó Concello de Vigo é a Secretaría Xeral para o Deporte, xa que o novo Secretario Jose Ramón Lete Lasa mostrou a súa vontade de colaboración na refoma de Balaídos.

O mesmo día da reunión, o Concello de Vigo anunciaba que durante as obras as instalacións municipais permanecerían pechadas durante -e se a meteoroloxía axudaba- uns 15 días. Esta decisión provocou distintas reaccións dentro dos nosos atletas e adestradores, inmersos de pleno na tempada de inverno. Na mesma reunión preguntouse pola posibilidade de deixar dispoñibles algunhas partes da pista como o ximnasio, vestiarios ou o sector de lanzamentos; xa que non iban a verse afectados polas obras. Sen embargo, este tipo de obras obriga a pechar toda a instalación por seguridade; como xa ocorreu o ano pasado na reforma de Elviña (A Coruña).

Por último, o noso clube solicitou por carta ó Concello de Vigo o aplazamento do inicio das obras ata comezos de marzo, cando poida darse por finalizada a tempada invernal e non afecte á preparación dos nacionais. Dende a Concellería de Deportes o comportamente foi exquisito e foron receptivos coa nosa petición; pero neste caso a empresa responsable das obras non podía realizalas máis adiante.

Plenamente conscientes das molestias que ocasiona, dende o Celta Atletismo aceptamos esta situación como mal menor. Cun período de 15 días de obras se as condicións climatolóxicas son favorables e a espera posterior para a súa homologación; un maior retraso no comezo das obras podería afectar xa de pleno a tempada de Aire Libre; incluídas as xornadas de Liga de Clubes, o Trofeo Alfonso Posada e todos os Campionatos Galegos e nacionais.

Os distintos adestradores tomarán durante estas semanas as decisións que consideren oportunas para poder seguir adestrando dentro das súas posibilidades; afectando o menos posible á planificación deportiva. Á súa vez, dende o clube solicitamos á Universidade de Vigo e ó Concello de Cangas o uso das súas pistas; as cales foron cedidas de xeito xeneroso na medida das súas posibilidades.

Ós adestradores e atletas agradecemos o seu sacrificio e comprensión ante estas condicións extraordinarias; así como solicitamos a súa colaboración no futuro para poder acadar entre todos a tan esperada reforma de Balaídos. Chegou o momento para que o atletismo vigués esté unido polo ben común.

Vigo, 7 de febreiro de 2018
Xunta Directiva do Celta Atletismo

Anterior post

Cara e cruz na Copa de Clubes de Ourense

Siguiente post

Este es el post más reciente.

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *