ActualidadeEscuelas

Chega o “Campus de Verán Celta 2018”!

O fin do curso escolar non ten por qué significar o remate tamén das actividades deportivas dos máis cativos. Por iso, dende o Celta Atletismo lanzamos un ano máis o noso Campus de Verán Celta, sucesor dos históricos Menudos Atletas que o noso clube organiza dende comezos de século. Durante as dúas primeiras semanas de xullo o Campus ofertará nas mañáns de luns a venres actividades relacionadas co atletismo e o deporte, orientadas a todos aqueles rapaces entre 6 e 12 anos sexan ou non principantes no mundo atlético.

  • Datas: 2 ao 15 de xullo (1 ou 2 semanas).
  • Horario: 9-14:30h de Luns a Venres.
  • Idades: 6 a 12 anos.
  • Prezos: 60€ unha semana / 100 € dúas semanas.
  • Descontos: 10% para os atletas do Grupo Celta Atletismo e a partir do segundo fillo/a.
  • Pago e inscripción: Enviar o formulario de inscripción (podes descargalo dende aquí) e copia do recibo de pago a escuelaceltaatletismo@gmail.com, antes do 28 de xuño.

    Imaxe renovada para un clásico do comezo de verán. Seguimos medrando con vós xeración tras xeración!

As actividades estarán coordinadas polos nosos adestradores titulados da Escola Celta Atletismo e entre as mesmas destacan:

  • Olimpiada. Competición deportiva entre todos os participantes na Pista Municipal de Balaídos. Síntete como un dos nosos olímpicos!
  • Día da auga. Piscina do Centro Deportivo “MáisqueAuga” de Navia.
  • Imos á praia. Porque hai máis area que a dos fosos de lonxitude e triple, desprazarémonos ata a Praia de Samil (Vigo).
  • Gymkana. Parque Municipal de Castrelos.
  • Do tartán ó céspede. Visita ao Estadio de Fútbol de Balaídos e ó Museo do R.C.Celta de Vigo.

Lembrade que as prazas son limitadas e para calqueira dúbida, suxestión ou queixa; tedes á vosa disposición o correo xa indicado así como as nosas redes sociais. Agardamos por vós!

Anterior post

A previa 08/06: Exames finais nos autonómicos

Siguiente post

Digno final nas Ligas e 5 metais dos cadetes coa selección

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Chega o “Campus de Verán Celta 2018”! […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *