ActualidadeAs crónicas

Campionato histórico para a canteira e éxito rotundo dos lanzadores

Era unha fin de semana con poucas probas pero de gran importancia polo número de atletas que competían e a súa calidade, e non defraudou. O mes de maio chegou desde xeito co bo tempo e resultados en dúas probas claves en Vila Nova da Cerveira Oleiros. Nas pistas de INEF de Bastiagueiro vivíase así unha xornada histórica para o noso clube no Campionato Galego de Clubes sub16 e sub20, no que por primeira vez presentábamos equipo en tódalas categorías posibles:

  • Comezaba a xornada con especial ilusión para os equipos cadetes da nosa Escola, nos que continúan a chegar os bos resultados. Gañarían as súas respectivas probas Erik Fernández (100, 11’82 e mínima nacional), Jorge Román (300, 37’53  e mínima nacional), Eric Fernández (martelo, 55’16) e Martín Barcia Noel Torrado xunto cos outros 2 velocistas no 4×100. Pedro Vázquez completaría as boas novas nos rapaces xa que o seu 2º posto con 9:20:71 supón a mínima nacional nos 3000. Nas mulleres, as victorias parciais chegarían coas lanzadoras Lara Tilve (martelo) Antía Sestelo (xavelina). O equipo masculino remataría nunha extraordinaria segunda praza, levándose a prata con 142’5pts só por detrás da Atlética Lucense. As rapazas pola súa parte acabarían na 9ª posición con 113’5pts, amosando que é unha xeración aínda por desenvolver.
  • Nos equipos sub20 as mulleres partían en clara posición de ventaxa sobre os seus compañeiros pola cantidade de atletas que xa forman parte do equipo absoluto. Despois dos cambios de última hora polas distintas baixas por estudos e lesións, chegarían un total de 5 victorias parciais da man das lanzadoras Mar Pérez (disco), Patricia Correa (martelo), a saltadora Ana Juncal (pértega), Iria Rivas nos 5km marcha e un sensacional relevo longo con Lucía Cardesín, Ruth Carrera, Jimena Domínguez Raquel Jácome. Pola súa parte os homes acusarían en especial os 4 roscos que lles penalizaron ó ser unha competición con tantos equipos. As únicas victorias parciais chegarían con Nico García no disco e Brais Prieto na marcha. As mulleres rematarían así nunha segunda posición con 99pts, a tan só 9 do ouro da SGP. Pola súa parte, os rapaces serían 5º con 98, lonxe do podio pero con moito futuro por diante.

    Os dous equipos cadetes da nosa Escola nunha imaxe para a historia.

  • Vila Nova da Cerveira acollía o XI Torneio Internacional de Lançamentos no que unha vez máis os atletas célticos e vigueses serían os máis destacados. A xornada comezaba con un sensacional Nacho Fernández lanzando o martelo absoluto ata os 62’34, mínima nacional, mellor marca galega do ano e a súa persoal dos últimos sete. Pouco despois Nico García volvía a batir o seu RG de disco sub18 con 55’40 o que lle sitúa no segundo posto do ránking nacional. Xa na xornada de tarde, chegaría un novo RG na categoría sub16 da man de Eric Méndez con 62’57 no martelo, quitándollo o récordman absoluto Isaac Vicente. Durante o mesmo concurso, Patricia Correa lograría a mínima nacional sub18 no martelo cunha marca persoal de 51’92. A clasificación final -por cidades/grupos de adestramento e non por equipos- situaba á Factoria Hermida (na que tamén participaron con marcas notables Irene Gómez e Noel Vega) en segunda posición só por detrás do combinado local capitaneado polo olímpico Frank Casañas. En terceiro lugar remataría Pontevedra adestrados por Javier López Viñas coa participación de Nico e David García ou Antía Sestelo. Por último tamén estarían como é tradicional os lanzadores do Morrazo co noso capitán Fernando Paredes Triki e Jose Ángel Serantes como cabezas visibles, rematando en 9ª posición.

    Imaxe do podio final cos equipos de Vigo-Hermida (esqueda, 2º) e Pontevedra-Viñas (dereita, 3º) recollendo os premios ó peche da gran festa dos lanzamentos.

  • A proba tamén serviría para rendir homenaxe ó adestrador Jose Manuel Hermida que cumple 60 anos mañán mércores 9 e á colaboradora do atletismo Flor Currás, que sufrira un accidente nas mesmas instalacións hai 3 anos.

    Flor Currás e Jose Manuel Hermida recollendo os seus recoñecementos de man de Jorge Rodrigues, o gran benefactor dos lanzamentos no Eixo Atlántico.

Resultados extraordinarios polo tanto para o noso clube este fin de semana. A canteira do clube segue crecendo destacando unha vez máis as xeracións femenina do 2000/01 -que aínda non acadou todo o seu potencial- e a masculina do 2003/04 que xa amosou o seu potencial este inverno. Por se iso non fose pouco, os lanzadores das nosas categorías menores copan agora mesmo os primeiros postos do ránking nacional das súas categorías, batendo os récords galegos case cada competición. Motivos para ser optimistas e seguir traballando nesta liña non faltan. Noraboa a todos!

Anterior post

A previa 04/05: Turno para os equipos da canteira

Siguiente post

Meetings, Récords e unha Escola de notable

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: Campionato histórico para a canteira e éxito rotundo dos lanzadores […]