ActualidadeAs crónicas

Camino Soria, resultados internacionais e recta final!

Un final de temporada de vértego. Nunhas semanas nas que moitos dos nosos atletas xa colleron vacacións, os que seguen competindo apretan o ritmo e apuran as opcións de rematar a tempada con boas sensacións. No medio deste carrusel, collemos aire e facemos un repaso das últimas probas:

  • Os nosos promesas marchaban o pasado venres Camino Soria. Campionato de España Sub-23 recibía a Raquel Arias, Luís del Río e Pedro Juncal despois dun ano moi longo de estudos e competicións. A velocista caería na Ronda 1 dos 100m con 12’66 e sería 14ª nos 200 tras caer nas semis con 25’82. Pedro pelexou por un posto na final do 400 pero remataría 10º con 49’41, a tan só tres décimas do obxectivo. Quen si que puido marchar satisfeito foi o noso mediofondista da Serra de Outes. A la ribera del Duero, Luís cumplía o seu obxectivo de meterse nunha final nacional tras o indoor de Salamanca e o Universitario. Nunha gran semifinal metíase por tempos con 1:53.52 de forma axustada. Xa na final e nuns últimos metros apretadísimos ata a 4ª posición, sería 6º con 1:53.16, deixando claro que ten moito que demostrar aínda nos campionatos nacionais.
  • Balaídos vivía a última gran cita da tempada co Gran Premio Ciudad de Vigo. Nunha espléndida tarde de domingo onde o bo tempo posibilitou grandes rexistros nos lanzamentos e na velocidade, os célticos tamén terían un papel destacado. Gañarían as súas probas co correspondente premio económico Miguel Cajaraville (pértega), Elvira Okutu (lonxitude) e Alberto Elena (triplo salto). Destacar tamén o rexistro de Olaia Becerril (12’39) no 100.
  • Profeta na súa terra e aquí. Alice Finot viaxaba a Francia para participar nos Campionatos de Élite despois da súa extraordinaria marca no Meeting Iberoamericano. Nun final apretado e aproveitando ó máximo as súas opcións levábase un bronce histórico. Un broche impresionante para unha tempada sensacional a nivel individual.
  • Na súa segunda experiencia coa selección española e primeira de certo nivel, Irene Gómez Iria Rivas non puideron competir nos seus mellores rexistros. No Campionato de Europa sub-18 de Gyor (Hungría).  A marchadora remataría en 20ª posición e 2 minutos por debaixo da súa mellor marca, acusando o forte ritmo e calor. Pola súa parte, Irene quedou fóra da final do martelo ó non chegar ós 61m da nota de corte, sendo 24ª. Aínda así, unha experiencia moi positiva para dúas das nosas mellores promesas que xa están afianzadas no cumio do atletismo español.

    Dúas fichaxes cun mellor ano inmellorable de celeste!

    Agora si, recta final da tempada. Mañán, turno para os célticos coa selección galega en Granollers, cunha representación histórica de 13 atletas. E o sábado que vén, peche por todo o alto co Campionato de España Absoluto en Getafe. Sorte célticos!

Anterior post

3 medallas nacionais para os cadetes e 15 nun Galego Absoluto descafeinado

Siguiente post

Este es el post más reciente.

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *