Actualidade

Asamblea e Cea Céltica, venres 5 de outubro

Como cada comezo de tempada, o Celta Atletismo celebrará o vindeiro venres 5 de outubro a Asamblea Xeral de socios, acompañada despois da tradicional cea céltica.

A Xunta Directiva rendirá contas ante a Asamblea este venres

O clube convoca a tódolos atletas, socios e simpatizantes ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Deporte (Rúa Luis Ksado 17) coa seguinte orde do día:

  1. Benvida.
  2. Resumo da actividade 2017 – 2018.
  3. Reglamento do Clube 2018 – 2019.
  4. Balance económico 2017 – 2018 e Orzamentos 2018 – 2019.
  5. Socios colaboradores 2018.
  6. Ruegos e preguntas.

Durante a mesma haberá sorpresas, así que rogamos a vosa presenza e que antes de acudir á Asamblea, leades o reglamento desta nova tempada que podedes consultar aquí.

Despois da Asamblea (hora e media de duración, como máximo),

As cenas célticas son unha das nosas tradicións máis celebradas e solemnes.

terá lugar a tradicional cea céltica no Restaurante Peregrinus (Rúa Urzáiz, 15) dende ás 22.30 horas. Despois da cea seguiremos celebrando o comezo da tempada, como é habitual.

  • Entrantes: Mexillóns ao vapor, croquetas caseiras e lacón asado.
  • Parrillada mixta ou merluza:
  • Cervexa, viño, refrescos e auga.
  • Surtido de postres.

No nome de todo o clube queremos felicitarvos polos vosos éxitos da pasada tempada, agradecendo o voso compromiso e agardando que este ano sexa aínda mellor.

Anterior post

Camino Soria, resultados internacionais e recta final!

Siguiente post

O Celta Atletismo e a Fundación Celta ratifican o seu camiño xuntos

1 Comentario

  1. […] entrada Asamblea e Cea Céltica, venres 5 de outubro se publicó primero en […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *