ActualidadeAs crónicas

As competicións collen velocidade e unha despedida olímpica

A tempada de aire libre segue a súa aceleración. Chegada á metade do mes de abril, as probas convírtense nuha constante por toda a xeografía galega e cada vez son máis os nosos atletas que saen á pista os sábados e domingos. Isto foi o máis destacado desta última fin de semana:

  • Balaídos acollía o domingo a III Xornada das Series Municipais. A pista viguesa vivía unha nova proba multitudinaria na que as protagonistas serían coas súas victorias Andra Pais (200, 25’76), Alice Finot (800, 2:14:90), Lucía Cardesin (3000, 11:06:64), Uxía Paz (lonxitude, 5’27), Olaia Becerril (altura, 1’50), Ana Juncal (pértega, 2’90), Mar Pérez (peso, 10’35) e Irene Gómez (martelo 3kg, 59’05). En homes serían os primeiros na súa proba Manu Ageitos (800, 2:00:78 ), Jose Antonio Requejo (3000, 9:13:06), Francisco Pérez (110mv, 17’61), Juan Bello (pértega, 3’66), Eric Méndez (martelo 4kg, 54’15), Nicolás García (disco 1’5kg, 52’92).
  • O sábado foi o turno por segunda semana consecutiva para os máis pequenos coas xornadas de Xogade (3ª para benxamín e alevín, 5ª para os infantís). Na xornada de tarde para os sub14, da representación de 10 atletas os máis destacados serían Juan González (1º en altura con 1’40), Dawit Comesaña (2º no 1000 mellorando marca persoal) e Roi Sueiro (doblete de segundos postos en peso e disco). Tamén chegaría a boa nova do debut de Eric Torrado, marchador das nosas escolas formado por Armando Pereira e Jose Casal.

    Imaxe das rapazas sub10 na xornada do sábado en Pontevedra.

  • Comezou a conta atrás para o XX Campionato Galego de Clubes no que o Celta Atletismo será un dos organizadores pola súa celebración en Vigo. Xa está dispoñible o evento en Facebook onde actualizaremos as últimas novas ao longo da semana e no que facemos un chamamento a todo o celtismo para vivir unha xornada distinta este sábado en Balaídos, pola coincidencia co Celta-Valencia da Liga Santander. A presentación oficial do Campionato terá lugar o vindeiro xoves 19 ás 11h na Casa do Deporte.
  • E sen chegar a ser o fin de semana nin unha competición, unha nova de peso na historia céltica. O noso último atleta olímpico -polo momento- David Gómez anunciaba de xeito oficial a súa retirada como atleta nun breve pero significativo tuit o pasado xoves 12. Despois de máis de 20 anos competindo ó primeiro nivel, colgaba ós clavos para adicarse por completo á súa labor como adestrador. A súa última participación co noso clube foi o ano pasado na II Xornada de 1ª División en Gijón na jabalina, proba na que estaba colleitando moitos puntos nestes últimos anos. Unha parte da historia céltica que desaparece da competición pero que perdurará como exemplo para as vindeiras xeracións pola súa experiencia en Atenas 2004 e Pekín 2008. Moita sorte nesta nova etapa David….aínda que tampouco descarta a súa volta se o equipo precisara da súa axuda como bo céltico.

    David saudando en Balaídos en xullo de 2012,despois de tentar a mínima para os seus 3º Xogos Olímpicos en Londres // Foto: Marta Brea (Faro de Vigo)

Os vindeiros fines de semana chegarán xa os campionatos de clubes das distintas categorías, as esperadas Ligas Nacionais e os primeiros Campionatos Galegos individuales. E unha vez máis, aquí estaremos para contarvos as novas máis destacadas nas nosas crónicas e nas Redes Sociais.

Anterior post

Reconquistando da base á milla pola baía!

Siguiente post

Este es el post más reciente.