Actualidade

A previa 27/04: Comezan as Ligas nas Rías Baixas

Despois do subidón da semana pasada, as competicións de clubes chegan ás citas máis importantes do ano: As Ligas Nacionais de Clubes. Este ano ademais os equipos célticos comezarán a 1ª Xornada en casa ou moi preto. Este é o menú do finde:

  • Os homes serán os primeiros en saír á pista en Vigo. Os célticos (8º nos estadillos) buscarán repetir a sorte do anfitrión da semana pasada contra Atletismo Narón (14º), Atlético Salamanca (1º) CA Perceiana Extremadura (10º). O conxunto salmantino parte como favorito na previa pola súa ventaxa nos estadillos, mentres que os dous equipos galegos pelexarán polo 2º posto que lles sirve para encarrilar a permanencia en Primeira División e pelexar polo Ascenso. O equipo céltico contará con 34 atletas e unha media de idade de 25’74 anos de media, o equipo máis novo dos últimos 4 anos. O proceso de renovación do masculino continúa coa chegada dos primeiros atletas da nosa Escola malia a permanencia de veteráns históricos como Fernando Paredes, Nacho Fernández, Miguel Gómez, Noel Vega Jose Nieves. Tamén servirá para ver por primeira vez en acción a algúns dos nosos fichaxes. Unha xornada apaixonante en Balaídos dende as 17h do sábado na que o factor campo deberá ser clave.
  • As rapazas esperarán ata o domingo para participar na recén estrenada Liga Iberdrola, en Pontevedra. Na xornada matinal o Femenino Celta (6ª) mediránse contra as locais da Sociedade Gimnástica de Pontevedra (12º), as cántabras do Piélagos (2º) e o CEA Tenerife 1984 (13º). Nun equipo de 30 atletas cunha media de idade de 20’9 anos queda demostrada a renovación nas rapazas nos últimos anos, chegando moitas delas á categoría de veteranas xa e asumindo galones xunto con veteranas como Emma Valencia Bea Viteri ou fichaxes como Nediam Vargas Alice Finot. As previsións apuntan a un 2º posto cómodo para comezar así o seu camino ó Ascenso, sendo a candidatura máis sólida das últimas tempadas.

Estaremos moi pendientes desda 1ª Xornada nas nosas RRSS, así como da xornada de Xogade e as novidades que teñamos. Boa sorte célticos e a polo ascenso!

Anterior post

Doblete histórico na nosa casa: O Celta manda en Galicia!

Siguiente post

Dando a talla no comezo das Ligas

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: A previa 27/04: Comezan as Ligas nas Rías Baixas […]