ActualidadeAs previas

A previa 23/02: Os nosos lanzadores máis novos a polas medallas en Castellón!

Última fin de semana de febreiro na que os nosos atletas entre os 15 e 20 anos serán os protagonistas da actividade céltica.

  • Ata Castellón desprazáronse os nosos lanzadores máis novos para a celebración do III Campionato de España de Lanzamentos Longos para categorías menoresformando a expedición céltica neste campionato de 3 probas (martelo, xavelina e disco) e 3 categorías (de sub16 a sub20) nada máis e nada menos que 7 atletas, estando entre os 8 mellores de España nas súas probas. Eric Méndez (martelo sub16, 54’49) parte como favorito para levarse o ouro, nunha proba na que David García (53’10) acode coa terceira mellor marca e aspiracións de podium. No martelo sub18 femenino a representación tamén é por partida dobre con Irene Gómez (59’27) coa segunda mellor marca e Patricia Correa (51’68) coa séptima. Tamén pelexarán polos metais Nicolás García (disco sub18, 54’18) e  na cadete Antía Sestelo (xavelina sub16, 40’68); ambos coa terceira mellor marca dos inscritos.  Completa o equipo a veterana nesta ocasión Mar Pérez (disco sub20, 36’16) coa séptima mellor marca e Lara Fernández (martelo sub16, 44’24) debutando nun nacional. Destacar que dos 16 atletas galegos presentes, 7 forman parte do Celta Atletismo e en total 6 dun dos entrenadores da estructura do clube, Jose Manuel Hermida.

    Os atletas da Factoría Hermida foron protagonistas hoxe na prensa local, normal!

  • Ourense acollerá o Campionato Galego sub18 e sub20 o sábado, servindo de ensaio xeral para o nacional da categoría júnior da vindeira fin de semana. Un total de 18 atletas entre as que destacan Eva Queimaño, Olaia Becerril, Andrea Pais ou Lucia Cardesín, atletas con mínima nacional e que, malia a súa xuventude, son piares fundamentais no equipo femenino que pelexará polo ascenso.
  • A nosa parella de marchadores acude a Burjassot coa selección galega. Brais Prieto Iria Rivas participarán este fin de semena no Campionato de España sub20 e sub16 de Marcha por Federacións representando ó combinado galego.
  • Tamén no recinto de ExpoOurense  disputarase o domingo o XI Campionato de Galicia sub10, sub12 e sub14 en Pista Cuberta, cunha ampla representación da Escola Celta Atletismo.

Agradecer a Low Cost Rent, o noso novo colaborador, o seu indispensable apoio no desprazamento ata Castellón.

Este sábado centraremos pois todas as nosas miradas na actividade de Ourense e de Castellón, onde os atletas máis novos demostrarán que o futuro do Celta Atletismo está máis que garantido. E o luns, moi atentos ás nosas redes sociais porque vén unha semana intensa!

Anterior post

Marcas persoais en Valencia e a Escola sensacional no Cross!

Siguiente post

5 medallas nacionais dos lanzadores e o futuro asegurado coa canteira