ActualidadeAs previas

A previa 20/04: Na nosa casa toca demostrar!

Data sinalada en vermello no calendario. E non, non é pola canción de Celtas Cortos, que tamén. Tras varios meses de espera, conversas e preparativos, chega o segundo campionato máis importante do atletismo galego e acompañado por outra das citas máis especiais a nivel nacional. Aquí tedes o menú desta fin de semana:

  • Vigo volver a acoller nas pistas de Balaídos por primeira vez dende 2009 o Campionato Galego de Clubes, cita que ademais celebra a súa 20ª edición. Unha cita importantísima para o noso clube: Como organizadores ante o reto de facer unha proba á altura da ocasión, como clubes participantes para demostrar a nosa forza especialmente antes das primeiras ligas do finde seguinte; e por historia, xa que o Celta Masculino (7 títulos, 6 subcampionatos, 4 bronces) ocupa o 1º posto no palmarés e o Femenino (2 títulos, 6 subcampionatos, 8 bronces) o segundo. O duelo contra a Sociedade Gimnastica de Pontevedra en homes e Ría Ferrol en mulleres prevese igualado e decidirá, pola mínima, os dous títulos. A ter en conta equipos como o Narón e o Santiago masculinos que pelexarán un ano máis polo metais ou a SGP e o ADAS en mulleres. Xornada completa polo tanto dende as 10 da mañán e na que, como sabedes, está invitado todo o celtismo a facer unha xornada distinta en Balaídos.
  • En Andújar teremos unha das citas máis especiais do ano para as nosas promesas. O Campionato de España Universitario a celebrar este fin de semana terá a representación céltica de Miguel Cajaraville, medallista hai 2 edicións no salto con pértega e que representará a Universidade de Vigo Luis del Río representando á Universidade de Santiago de Compostela no 800. Causan baixa neste campionato que recoñece ós atletas que poden destacar no deporte e nos estudos pola UVigo Pedro Juncal e pola USC Raquel Arias Laura Santos. A mellor das sortes para todos eles en terras andaluzas!

 

Poderedes seguir toda a información do Campionato en directo a través das nosas redes sociais, aínda que sempre é preferible achegarvos ás pistas para vivir unha xornada que pode ser histórica de conseguir o doblete. Fuego a tope célticos!

Anterior post

As competicións collen velocidade e unha despedida olímpica

Siguiente post

Doblete histórico na nosa casa: O Celta manda en Galicia!

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: A previa 20/04: Na nosa casa toca demostrar! […]