ActualidadeAs crónicasAs previasNoticias

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Despois do gran Galego Absoluto Indoor da semana pasada continúan as probas neste mes de xaneiro, dando paso agora ó sub23 e a novos controis de marcas:

  • A Coruña volverá a acoller un Campionato Galego de Pista Cuberta despois da inauguración das instalacións de ExpoOurense, sendo o turno agora para os atletas Sub23. Nunha proba marcada polo escaso número de atletas, serán 9 os atletas célticos que acudirán buscando os metais ás pistas de Riazor.
  • Na II Serie Municipal en Vigo os atletas célticos son maioría dentro dos más de 470 inscritos que participarán na matinal do domingo. Ante o elevado número de inscritos produciuse un cambio no horario.
  • Lugo A Coruña acollerán tamén controis de marcas o sábado 20. Mentres que na I Xornada Copa Deputación de Lugo serán os combineiros e pertiguistas os representantes célticos -dende os locais Adolfo Sainz-Maza e Alicia Merino Bea Viteri, Miguel Cajaraville ou Andrea Novoa- na I Xornada do III Circuito Coruña Corre en Pista competirá Emma Valencia.
  • Estaremos atentos tamén a Zaragoza, onde o noso saltador David Martínez volverá a competir en Pista Cuberta.

Actividade polo tanto en tres provincias galegas -despois da frenética fin de semana pasada na ourensana- e unha ollada novamente posta na Meseta. O luns saíremos de dúbidas ante as novas mínimas e medallas. ¡Sorte!

Anterior post

12 metais no Galego Absoluto, premios e boas actuacións

Siguiente post

9 medallas en Riazor e novas mínimas nacionais

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *