ActualidadeAs previas

A previa 18/01: Viaxando con afouteza

As Ligas Nacionais de Clubes chegan ó seu ecuador coa celebración da II Xornada esta fin de semana. Con sendos desplazamentos pola xeografía peninsular, os nosos equipos pelexarán por unha praza na final da Fase de Ascenso do vindeiro 16 de xuño:

  • Os homes afrontan a viaxe máis complicada do ano ata Gandía para competir na matinal do domingo. En terras valencianas enfrontaránse ós locais do Correr el Garbi, un equipo irregular pero con atletas destacados en varias probas. Pero a rivalidade estará contra o CD Surco Aventura e especialmente co Atlético San Sebastián. O equipo andaluz ocupa nestes intres a 1ª posición da clasificación provisional de Primeira División, mentres que os vascos pelexarán por poder colarse finalmente na Final tras rematar en terceira posición o pasado 28 de abril. A convocatoria céltica cambiará notablemente respecto á da I Xornada en Balaídos, debido as distintas lesións e molestias de última hora. Entre elas, destacarán as dos veteráns Miguel Gómez na velocidade ou o capitán Fernando Paredes no peso. Para paliar estas baixas non serán poucos os célticos que nun exercicio de auténtica afouteza, desprázanse a máis de 1000 km en datas de exames para dobrar proba ou non facer as súas especialidades. Agardamos que os resultados estén a altura do seu sacrificio.
  • Moito máis amable o desprazamento do Femenino Celta ata Alcorcón, tamén na matinal do domingo. Neste caso as locais do Atletismo Alcorcón parten como favoritas aínda que menos de 10pts as separan das célticas na clasificación provisional da Liga Iberdrola. Completarán o cuadrangular as catalanas do JA Sabadell, antepenúltimas na mesma clasificación; e as valencianas do CA Silla. Poucas baixas para as mulleres tendo en conta a proximidade do fin do curso escolar e a baixa idade media do equipo. Malia ter o factor cancha en contra, este equipo xa demostrou que opta a todo esta tempada e buscará conseguir o seu ansiado billete para a final do Ascenso pola porta grande.

Fin de semana emocionante lonxe de casa. Pero alí estaremos unha vez máis para contarvos a nosa actuación. Vémonos nas redes!

Anterior post

Meetings, Récords e unha Escola de notable

Siguiente post

Estamos na Final do Ascenso!

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: A previa 18/01: Viaxando con afouteza […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *