ActualidadeAs previas

A previa 16/03: Os cadetes á conquista de Sabadell

Agora si, derradeiro capítulo da tempada de inverno 2018. Despois de 3 meses de campionatos, controis e marcas, a pista cuberta chega ó seu fin con boa parte dos nosos atletas pensando xa no aire libre. Este é o menú desta última fin de semana de competición baixo teito:

  • Ata 5 cadetes célticos serán os protagonistas en Sabadell no Campionato de España Sub16 de Pista Cuberta. Erik Fernández debutará nos 60m a nivel nacional (18º nos inscritos), ao igual que Lucía Dopico nos 60mv (37ª). Pola súa parte, a parella de fondistas Pedro Vázquez (13º) e Hugo Suárez (21º) participarán xuntos no 1000 despois de ir tamén conxuntamente coa selección galega. A principal baza para ter posto de finalista é a medallista nacional Antía Sestelo no peso (8ª nas listas de saída). Destacar que os 4 primeiros son atletas criados e aínda adestrados dentro da nosa Escola, o que supón os seus primeiros éxitos e resultados en moi pouco tempo.
  • Cita importantísima para os nosos marchadores en Castellón. Campionato de España de 20km Marcha servirá como criterium de cara ós próximos campionatos internacionais. Iria Rivas buscará unha praza para o Campionato de Europa sub18 de Gyor (Hungría) e Brais Prieto fará o mesmo de cara ó Mundial sub20. Toda a sorte do mundo para a nosa parella de marchadores, agardando que culminen do mellor xeito esta gran tempada de inverno.

Agardamos poder contar moitas alegrías na crónica do luns. Mentres, podedes consultar as últimas novidades engadidas no catálogo de descontos para socios. Sorte a todos!

Anterior post

8 medallas para os cadetes no autonómico, cara e cruz para Olaia Becerril

Siguiente post

Peche de inverno inmellorable: Éxitos de cadete a veterán!