ActualidadeAs previas

A previa 16/02: Coa élite en Valencia!

Aínda coa resaca da tremenda fin de semana pasada, os atletas célticos prepáranse para dous novas xornadas de competición ao máximo nivel, de pequenos a maiores:

  • O mellor do atletismo nacional cítase no Vélodromo Luis Puig de Valencia no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta. Ata a capital do Turia desprazáronse 5 célticos para poñer o broche á súa temporada baixo teito: Nediam Vargas (60, 5ª nas inscritas; sábado 11:00 eliminatorias), Alice Finot (1500,8ª; sábado 18:45 semifinais), Adolfo Sainz-Maza (Heptathlon, 11º; sábado e domingo),  Gonzalo Basconcelo (3000, 14º; sábado 20:20 final) e Emma Valencia (60mv, 27º; sábado 17:25 eliminatorias).  O campionato poderá seguirse por Teledeporte o sábado dende as 17:30 e toda a xornada do domingo pola mañán.

    Alice pelexará por un posto na final dunha das probas raíña do campionato. Sorte!

  • Lugo acollerá o sábado -despois de aplazarse polo mal tempo- o Campionato Galego de Lanzamentos de Inverno sub16 e sub18. Alí estarán presentes atletas nas primeiras posicións do ránking nacional como Eric Méndez (martelo 4kg sub16), Irene Gómez Patricia Correa (martelo 3kg sub18), David García (disco 1kg sub16), Nico García (disco 1’5kg sub18) ou Antía Sestelo (xavelina 500g sub16). Paralelamente vaise celebrar a IV Xornada do Circuito Copa Deputación con numerosa representación céltica.
  • Os atletas da nosa Escola tamén estarán terán a súa gran cita en Pobra do Caramiñal co Campionato Galego de Campo a Través de Xogade. Estarán presentes o equipo masculino sub16 e sub12 Alejandra Prieto como única representante femenina na carreira alevín.

    Os nosos prometedores cadetes están ante a súa primeira gran cita como equipo. A demostrar!

Poderedes seguir os resultados máis destacables a través das nosas redes sociais: Facebook, Twitter e InstagramMentres, boa sorte a todos!

Anterior post

Os ánimos de Roi funcionaron: Festival de éxitos celestes!

Siguiente post

Marcas persoais en Valencia e a Escola sensacional no Cross!