ActualidadeAs previasNoticias

A previa 12/01: Gala, Absoluto e Veteráns!

A provincia de Ourense continuará a ser o centro atlético de Galicia un fin de semana máis. Tres dos eventos máis importantes do inverno no noso atletismo coparán dende o venres a actualidade na provincia interior:

  • Nestes momentos do venres 12, O Barco de Valdeorras acolle a tradicional Gala do Atletismo Galego. O marchador Brais Prieto (junior), os internacionais Nico García, Eva Queimaño e Olaia Becerril (xuvenil), os ilustres veteranos Jose Fernández Nieves, Miguel Gómez e Emma Valencia (M35), Fernando Paredes (M40), Mariajo Sanromán (M45) e Manuel Rodríguez (M65) serán os premiados como medallistas nacionais. Tamén recollerán galardón Jose Antonio Requejo pola súa actuación no Mundial de 100km e as integrantes da Selección Galega Absoluta Femenina que acadou a prata por autonomías Nediam Vargas, Bea Viteri, Patricia Correa e Laura Chapela. Por último, as nosas fichaxes da presente tempada Alicia Merino, Iria Rivas e Irene Gómez tamén verán recompensadas as súas actuacións do 2017.
  • As pistas do recinto de ExpoOurense acollerán durante todo o sábado 13 o Galego Absoluto de Pista Cuberta. Na gran cita do noso atletismo baixo teito participarán 46 célticos, unha das mellores cifras durante os últimos anos que amosa o gran comezo de tempada 2017/18. O obxectivo: mellorar as 19 medallas do ano pasado en Riazor.
  • De novo en Ourense pero o domingo veremos o Campionato Galego Máster ó que acudirán a representarnos algúns dos nosos máis ilustres veteranos: Cristina Estévez (400, 60mv), Emma Valencia (60mv), Fernando Paredes, Manuel Rodríguez e Jose María Otero (peso) e Pablo Rodríguez (pértega) serán desta vez a nosa representación.

    O capitán Triki fará doblete competindo sábado e domingo en Ourense

  • A fin de semana será especialmente intensa para Eva Queimaño que, ademáis dos eventos xa nomeados do venres e sábado; acudirá tamén o domingo a Salamanca a disputar un pentathlon.

Desexarlle a mellor das sortes para todos eles e que volvan cheos de medallas e premios. O luns, a crónica!

Anterior post

O Femenino segue reinando na Copa, os homes repiten prata!

Siguiente post

12 metais no Galego Absoluto, premios e boas actuacións