ActualidadeAs previas

A previa 09/03: Recta final da Pista Cuberta!

En medio do temporal que trae Félix ás costas galegas imos xa pensando en que acabouse o de poder competir baixo teito, polo menos durante esta tempada. A pista cuberta vive o seu penúltimo fin de semana na que as categorías menores serán as principais protagonistas:

  • Olaia Becerril será a nosa única representante no XLI Campionato de España Sub18 de Pista Cuberta a celebrar en Antequera. A internacional xuvenil aparece coa 5ª mellor marca (5’50) na lonxitude despois dunha complicada tempada de inverno. Lonxe dos seus mellores rexistros e aínda coa recuperándose das pequenas lesións, a cita en terras andaluzas serviralle para demostrar sen a presión das medallas do que é capaz.
  • Último autonómico do ano en Expourense. No Campionato de Galicia Sub16 de Pista Cuberta haberá nada menos que 27 atletas célticos, a expedición máis numerosa da nosa historia nesta categoría. En palabras da coordinadora da nosa Escola Sara Portabales, é un auténtico éxito da nosa canteira e probablemente non sexan poucas as medallas que cheguen o sábado dende Ourense. A mellor das sortes para todos eles na última cita antes do seu nacional!
  • O xoves 8 de marzo celebramos o día da muller nas nosas redes sociais e dúas das nosas mellores promesas femeninas celebrárono por partida dobre. Ademáis de reivindicar os seus dereitos, recibiron a nova da súa convocatoria para Semana Santa nas concentracións nacionais da RFEA: Iria Rivas na Marcha a Murcia Irene Gómez no martelo a León. Nos lanzamentos tamén foron convocados os medallistas nacionais de martelo sub16 Eric Méndez David García como suplentes, á espera de posibles baixas. Os nosos parabéns canteiráns!

    A lanzadora Antía Sestelo celebrou do mellor xeito posible o 8 de marzo. BRAVA!

Anterior post

2 medallas de chocolate, homenaxe a Estanislao Durán e Fran Pérez a nivel mundial

Siguiente post

8 medallas para os cadetes no autonómico, cara e cruz para Olaia Becerril