ActualidadeAs previas

A previa 08/06: Exames finais nos autonómicos

En plenos exámenes finais e nas vésperas de Selectividade ou ABAU chegan os Campionatos Galegos das 5 categorías que faltan, exceptuando ó Galego Absoluto (A Coruña o 30 de xuño). Este é menú deste fin de semana, incluindo outras probas como guarnición:

  • Ata Ferrol desprazaranse os nosos junior e promesa para o Campionato Galego sub20 e sub23 do domingo. Malia as baixas de última hora por exames ou lesións, estarán presentes moitos dos nosos valores que xa son titulares indiscutibles co equipo absoluto e habituais nos seus nacionais como Andrea Pais, Brais Prieto ou Luis del Río. En total, 16 célticos, sendo 7 promesas e 9 junior con paridade total nos sexos.

    Nano Rábade coa súa recente marca persoal será un dos nosos veteráns en Ferrol. Un exemplo de canteira dende infantil a promesa no clube!

  • En Pontevedra pola súa parte chega o peche de tempada por todo o alto para a Escola Celta Atletismo co Campionato Galego sub10, sub 12 e sub14. A gran cita do atletismo base onde estaremos representados por preto de 20 atletas. Esta número constata o gran ano para a nosa canteira no que definitivamente consagrouse.

    Máis que unha Escola, un auténtico equipo! #SomosUnhaPiña

  • Balaídos vivirá o domingo a 5ª Xornada das Series Municipais, un clásico do calendario e no que se prevée unha gran participación céltica. Ademais, servirá como último test antes de coñecer as convocatorias para as dúas finais de ascenso do seguinte fin de semana.
  • Fin de semana clave para os nosos xuveniles. Iria Rivas (5km marcha), Nico García (disco 1’5kg) e Olaia Becerril (4×100 mixto) foron chamados pola federación galega para o Campionato de España por Seleccións Autonómicas a celebrar o sábado 9 en Ciudad Real. Un campionato recuperado tras a súa desaparición en 2013 o que provoca gran alegría; pero nun formato mixto que provoca que non todos os atletas teñan as mesmas opcións de asistir ou facelo na súa proba. Agardamos moitos éxitos deles unha vez máis coa Irmandiña despois de debutar xa coa selección española neste último ano.
  • E para completar este menú con algo máis exótico, o grupo de adestramento de David Gómez acudirá o sábado pola tarde a Moaña para realizar unha exhibición na súa tradicional Olimpiada Popular de Atletismo. Un evento con moitos anos de tradición e que permitirá ver a propios e curiosos unha xornada atlética nas pistas da praia da Xunqueira.

Unha vez máis, poderedes seguir todo isto a través das nosas redes sociais para coñecer o máis destacado ó minuto. E moi atentos á vindeira semana porque traemos sorpresas. Sorte canteiráns!

Anterior post

Empezando xuño a toda velocidade

Siguiente post

Chega o "Campus de Verán Celta 2018"!

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: A previa 08/06: Exames finais nos autonómicos […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *