ActualidadeAs previas

A previa 06/04: En abril, competicións mil

Abril chega cargado de choiva e de competicións. A tempada de aire libre da o seu pistoletazo definitivo con probas de case todas as disciplinas posibles. Este é o menú deste finde, marcado en Vigo tamén pola celebración da Reconquista.

  • As competicións escolares chegan por fin para os atletas máis novos da Escola Celta Atletismo. O sábado en Pontevedra será o turno de preto dunha decena de infantiles na súa 1ª Xornada Provincial. O domingo en Vigo chegará o turno do groso da nosa canteira con preto de 40 benxamíns e alevíns. Unha oportunidade perfecta para amosar os seus progresos, se o tempo acompaña.
  • A cidade do Lérez tamén acollerá durante todo o fin de semana o IV Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e o XIV Campionato de Galicia Máster de Probas Combinadas. A data da súa celebración e a pouca antelación do seu aviso foron dous factores claves que derivaron en que soamente compitan nos mesmos Lucía Dopico Cristina Estévez. Deste xeito, o noso clube non poderá defender os títulos e logros conseguidos na Pista Cuberta na disciplina nun Campionato que apenas superará os 30 atletas.
  • Santiago de Compostela acollerá o Campionato Galego de Milla en Ruta o domingo, un dos autonómicos de maior prestixio. Nas rúas da capital estarán presentes Gonzalo Basconcelo, Celia Pérez, Luis do Río, Laura Santos, Santiago Salgueiro ou Iago Nava na carreira de 1km para categorías menores.
  • Por último, a XIX Media Maratón Vig-Bay pechará o fin de semana. O noso clube estará moi representado tanto na carreira con Alice Finot como na organización mediante os nosos voluntarios que farán posible este clásico xa do atletismo vigués.

Boa sorte a todos e feliz Reconquista a aqueles que estén en Vigo!

Anterior post

Unha Pascua para recargar as pilas

Siguiente post

Reconquistando da base á milla pola baía!

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: A previa 06/04: En abril, competicións mil […]