ActualidadeAs previas

A previa 02/03: Campionatos por todo o leste e Murcia

Comeza marzo e o ritmo de Campionatos de España intensifícase ante o inmimente final da pista cuberta. Despois dos grandísimos éxitos cos que rematamos febreiro, comezamos o mes con outros 3 nacionais baixo teito de disciplinas distintas:

  • Ourense vivirá a súa posta de largo a nivel nacional XLIII Campionato de España sub20 de Pista Cuberta. No recinto de Expourense estarán presentes 3 atletas célticas: Eva Queimaño é a máis destacada con opcións de medalla no pentathlon (2ª mellor marca) e de posto de finalista na altura o domingo (6ª marca). Andrea Pais pelexará por un posto na final do 200 o sábado coa 8ª mellor marca das participantes. Pola súa parte, a fichaxe desta campaña Lucía Cardesín decantouse polo 1500 onde sairá coa 21ª marca das inscritas na final directa. Unha xornada emocionante no recinto inaugurado o pasado decembro que contaremos dende as nosas redes sociais.
  • En Salamanca volverá a disputarse un novo nacional nas pistas de La Aldehuela, turno desta vez para o XXIX Nacional Máster. O Campionato comezou este venres coa participación de Juan Bello no péntatlon M45, onde remataría na 4ª posición con 2.960pts (10’45-5,07-9,41-1,61-3:23:93). Mañán será o turno de Emma Valencia nos 60mv e o domingo, Cristina Estévez no pentathlon.
  • Seguindo a antiga Ruta da Plata, en Montijo terá luga unha vez máis o VIII Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos no cal Nacho Fernández parte coa 7ª mellor marca dos inscritos do martelo. Unha nova oportunidade para o noso lanzador de ser finalista nacional absoluto.

    Nacho volve a demostrar que segue na élite nacional malia ser xa Máster na categoría M35

  • E completando os nacionais, os nosos cadetes Hugo Suárez Pedro Vázquez representarán á selección galega sub20 no Campionato de España de Campo a Través por Autonomías do CSD, en San Pedro del Pinatar (Murcia). Boa oportunidade para os canteiráns para seguir medrando e curtíndose, desta vez a nivel nacional.

    Os dous cadetes posaron en Balaídos despois de entrenar o día que coñeceron a súa convocatoria

De novo, as Redes sociais do clube servirán de canle para recibir os resultados ó momento, así como as últimas novas sobre a campaña de socios que puxemos en marcha onte. Moite sorte a todos!

Anterior post

#undosnosos: Comeza a campaña de socios 2018!

Siguiente post

2 medallas de chocolate, homenaxe a Estanislao Durán e Fran Pérez a nivel mundial